O OPPO Find X8 chegará con innovacións en cámaras e rendemento premium para o mercado global

A nova serie OPPO Find X8, que se presentará proximamente en todo o mundo, promete unha experiencia de usuario avanzada grazas ao sistema de cámaras Hasselblad Master e á potencia dun hardware de última xeración. Con estas apostas, OPPO reafirma o seu compromiso de facer accesíbeis tecnoloxías de vangarda a un público global.

O vicepresidente senior e director de produto de OPPO, Pete Lau, avanzou que a serie Find X8 destacará -ademais de polo seu sistema de cámaras Hasselblad Master- por combinar melloras significativas en rendemento, batería e intelixencia artificial a través de ColorOS 15.

Desde o fabricante avanzan que esta serie Find X8 promete solucións de software avanzadas e capacidades de intelixencia artificial melloradas, ofrecendo unha experiencia fluída e optimizada para as usuarias. En canto ao deseño, tan só avanzan que será ergonómico e elegante, facilitando o uso diario.

Dispoñibilidade e data de lanzamento

Con este lanzamento, OPPO pretende expandir a dispoñibilidade do Find X8 nos mercados globais, permitindo que máis usuarias poidan acceder a un dispositivo premium que combina deseño, potencia e tecnoloxía de vangarda.

A data de presentación aínda non foi confirmado de forma oficial, mais espérase que sexa inminente.

Sobre o autor

No Responses

Reply