Simyo, unha das marcas de baixo custe do Grupo MASORANGE, vén de reaccionar ás últimas actualizacións de tarifas de Digi e Lowi, compañías que nas últimas semanas presentaron importantes rebaixas nas súas tarifas.
Nalgúns casos as melloras implican dobrar a velocidade da fibra, e noutras unha rebaixa do prezo que as usuarias pagan cada mes. En calquera caso, as ofertas desta compañía parten dos 25,99 €/mes para fibra de 300 Mbps e dos 28,99 € para produtos converxentes, con 600 Mbps e móbil con 40 GB.
Plans de fibra e converxentes de Simyo
Actualizadas as tarifas, a oferta de Simyo quedo de produtos de fibra e converxentes queda establecido do seguinte xeito:
- Só fibra: 300 Mbps por 25,99 €/mes; 600 Mbps por 27,99 €/mes e 1 Gbps por 29,99 €/mes.
- Móbil sen chamadas e 40 GB con 600 Mbps por 28,99 €/mes e 1 Gbps por 30,99 €/mes.
- Móbil 120 minutos + 40 GB con 600 Mbps por 30,49 €/mes e 1 Gbps por 32,49 €/mes.
- Móbil ilimitadas + 40 GB con 600 Mbps por 31,99 €/mes e 1 Gbps por 33,99 €/mes.
- Móbil sen chamadas e 80 GB con 300 Mbps por 29,99 €/mes; con 600 Mbps por 32,99 €/mes e 1 Gbps por 34,99 €/mes.
- Móbil 120 minutos + 80 GB con 300 Mbps por 31,49 €/mes; 600 Mbps por 34,49 €/mes e 1 Gbps por 36,49 €/mes.
- Móbil ilimitadas + 80 GB con 300 Mbps por 32,99 €/mes; 600 Mbps por 35,99 €/mes e 1 Gbps por 37,99 €/mes.
- Móbil sen chamadas e 200 GB con 300 Mbps por 35,99 €/mes; con 600 Mbps por 38,99 €/mes e 1 Gbps por 40,99 €/mes.
- Móbil 120 minutos + 200 GB con 300 Mbps por 37,49 €/mes; 600 Mbps por 40,49 €/mes e 1 Gbps por 42,49 €/mes.
- Móbil ilimitadas + 200 GB con 300 Mbps por 38,99 €/mes; 600 Mbps por 41,99 €/mes e 1 Gbps por 43,99 €/mes.
A operadora permite completar a súa oferta converxente con liñas móbiles adicionais, que inclúen chamadas ilimitadas e unha cantidade de datos axustábel ás necesidades das usuarias. Así, podemos ter 4 GB por 3 €/mes; 18 Gb por 5 €/mes; 40 GB por 8 €/mes; 80 GB por 10 €/mes; e 200 GB por 12 €/mes.
Simyo ofrece servizos avanzados, como 5G, VoLTE ou servizo de eSIM, e tamén permite acumular os datos non empregados durante 3 meses. O seu servizo de fibra carece da posibilidade de contratar teléfono fixo.