realme adianta o GT 7 Pro, o seu buque insignia co procesador Qualcomm máis potente

realme vén de presentar a súa nova estratexia de intelixencia artificial (IA), co obxectivo de converterse nunha opción real no mercado de dispositivos con IA. Co evento “IA Dark Horse“, o fabricante destaca o seu compromiso coa innovación tecnolóxica en colaboración con xigantes como Qualcomm e Google. A meta é clara e ambiciosa: distribuír máis de 100 millóns de smartphones con IA nos vindeiros tres anos.

O protagonista desta estratexia é o realme GT 7 Pro, un modelo que incorpora o chipset Snapdragon 8 Elite, desenvolvido por Qualcomm, e o sistema operativo realme UI 6.0, que combina un deseño visual máis dinámico cunha experiencia de usuario potenciada pola IA. Entre as funcións destacadas están “AI Sketch to Image”, que transforma bosquexos en imaxes detalladas, e “AI Motion Deblur“, que optimiza a calidade fotográfica en movemento. Ademais, o GT 7 Pro vén cunha temática de deseño inspirada en Marte, simbolizando a exploración e o descubrimento.

A aposta de realme pola IA reflíctese tamén na súa importante inversión en investigación, aumentando un 613% o financiamento para proxectos de IA e multiplicando por sete o número de traballadoras dedicadas a esta área. Esta estratexia inclúe o novo laboratorio NEXT AI, un espazo onde a eficiencia, a fotografía e o gaming son os piares fundamentais para crear novas experiencias.

Con esta plataforma NEXT AI, realme pretende posicionarse á vangarda da IA, non só como un fabricante de dispositivos, senón como un catalizador de ideas que inspiran e innovan no sector.

Sobre o autor

Reply