Novos Xiaomi 15 e Xiaomi 15 Pro, con Snapdragon 8 Elite e fotografía Leica

Xiaomi volve marcar tendencia no mercado coa presentación dos seus novos smartphones insignia para 2025, os Xiaomi 15 e Xiaomi 15 Pro, que saen á palestra antes da campaña de Nadal deste 2024. O xigante chinés aposta por un deseño refinado ao máximo, unha potente configuración de hardware liderada polo novo Qualcomm Snapdragon 8 Elite, e unha colaboración con Leica para ofrecer unha experiencia fotográfica premium. Ademais, ambos dispositivos inclúen o recentemente estreado sistema operativo HyperOS 2, baseado en Android 15 e desenvolvido para optimizar a súa eficiencia e conectividade.

Os novos trebellos de Xiaomi redefinen o concepto de ‘flagship’, apostando por compoñentes de última xeración e capacidades avanzadas que rivalizan cos mellores dispositivos de Android. Os dous dispositivos comparten moitas das súas características, como veremos no seguinte cadro, se ben tamén hai sutís cambiis entre ambos que marcan a diferenza:

EspecificaciónsXiaomi 15Xiaomi 15 Pro
Dimensións152,3 x 71,2 x 8,1 mm161,3 x 75,3 x 8,4 mm
Peso189 g213 g
Pantalla6,36″ LTPO OLED, 120 Hz, 3.200 nits, HDR10+. Resolución 2.670 x 1.200 píxeles, 460 PPP (1,5K)6,73″ LTPO AMOLED, 120 Hz, 3.200 nits, HDR10+. Resolución 3.200 x 1.440 píxeles, 522 PPP (2K)
Batería5.400 mAh con HyperCharge 90 W, e carga sen fíos de 50W6.100 mAh con HyperCharge 120W, e carga sen fíos de 50W
Cámaras principaisPrincipal 50 MP (f/1.62) + gran ngular 50 MP (f/2.2) + telefoto 50 MP (f/2.0)Principal 50 MP (f/1.44) + gran ngular 50 MP (f/2.2) + telefoto periscópico 50 MP (f/2.5)
Cámara frontal32 MP wide f/2.032 MP wide f/2.0
ProcesadorQualcomm Snapdragon 8 EliteQualcomm Snapdragon 8 Elite
RAM12 ou 16 GB12 ou 16 GB
Almacenamento interno256, 512 ou 1024 GB (1 TB)256, 512 ou 1024 GB (1 TB)
Sistema operativoXiaomi HyperOS 2Xiaomi HyperOS 2
ConectividadeWiFi 7, 5G SA, Bluetooth 5.4WiFi 7, 5G SA, Bluetooth 5.4
OutrosIP68, lector de pegadas, Dolby AtmosIP68, lector de pegadas, Dolby Atmos

Máis aló da potencia do seu procesador, o Qualcomm Snapdragon 8 Elite, a colaboración con Leica permítelle a Xiaomi levar a fotografía dos seus novos buques insignia a un nivel superior. Os Xiaomi 15 e Xiaomi 15 Pro inclúen lentes Summilux de Leica e tres sensores principais de 50 MP que ofrecen unha calidade de imaxe excelente, con sutís diferenzas que fan destacar o modelo Pro fronte o basico. Ademais, ambos contan con tecnoloxías avanzadas como o enfoque láser e o OIS (estabilización óptica), así como funcións de gravación en 8K para capturar os detalles máis precisos en cada toma.

As baterías son outro dos puntos destacados, con capacidades de 5.400 mAh para o Xiaomi 15 e 6.100 mAh para o Xiaomi 15 Pro. Estes valores elevan a autonomía a novos niveis, ideal para quen buscan un rendemento duradeiro sen compromisos. A eficiencia do deseño interno permitiu a Xiaomi incorporar estas baterías sen aumentar demasiado as dimensións dos dispositivos.

Dispoñibilidade e prezo dos Xiaomi 15 e Xiaomi 15 Pro

Como é habitual no fabricante, estes novos dispositivos chegarán primeiro a China e, posteriormente, ao mercado internacional, onde se espera a súa presentación oficial durante o Mobile World Congress 2025.

En canto a prezos, o Xiaomi 15 pódese adquirir desde uns 600 € na versión de 12 + 256 GB até os algo máis de 500 € da que inclúe 16 GB + 1 TB. Pola súa banda, o Xiaomi 15 Pro parte dos 690 € (12 + 256 GB) e chega aos 850 € para a combinación de 16 GB + 1 TB.

Co lanzamento destes novos modelos, o Xiaomi 15 e o Xiaomi 15 Pro, a marca sitúase á vangarda da tecnoloxía móbil, facendo unha forte aposta para competir no mercado premium e establecer novos estándares no mundo Android.

Sobre o autor

Reply