Motorola anuncia a dispoñibilidade dos novos moto g55 5G e moto g35 5G

Motorola vén de anunciar a chegada ao noso país de dous novos smartphones da súa familia moto g. Falamos do moto g55 5G e moto g35 5G, que destacan polo seu deseño, batería de longa duración e cámaras.

Ambos os dous trebellos lucen pantallas FHD+ LCD con taxa de refresco de 120 Hz, e un tamaño de 6,49 polgadas, no caso do moto g55 5G, e de 6,72 polgadas, no moto g35 5G. Este último modelo tamén destaca polo seu brillo de 1000 nits e a presenza de Display Colour Boost, que mellora o contraste e a representación das cores na pantalla.

No seu interior, ambos modelos levan o procesador MediaTek Dimensity 7025, con até 256 GB de capacidade interna. O moto g55 5G incorpora até 16 GB, e o moto g35 5G até 12 GB, en ambos casos coa posibilidade de transformar memoria interna en RAM virtual.

A nivel fotográfico, a cámara principal é de 50 MP con tecnoloxía Quad Pixel e tecnoloxía de autoenfoque. Engaden tamén unha cámara de 8 MP ultrawide de 8 MP para realizar fotos de grupo creativas, e unha cámara para autorretratos de 16 MP con modo Retoque Facial.

A batería sitúase nos 5.000 mAh, e o moto g55 5G admite carga TurboPower de 30W, mentres que o moto g35 5G queda nos 18W. E en termos de deseño, as usuarias poden escoller entre un acabado liso en mate ou unha suave pel vegana.

Dispoñibilidade e prezo

Ambos os dous teléfonos xa se poden mercar no noso país en varias cores: o moto g55 5G está dispoñíbel en gris, verde e púrpura, mentres que o moto g35 5G pódes adquirir en vermello, negro ou dous tons de verde.

Pódense adquirir tanto no mercado libre como a través de varios operadores, que xa o teñen incluído no seu catálogo.

Sobre o autor

Reply