Non será necesario ver o ceo para ter sinal móbil vía satélite con Starlink

Desde hai varios meses SpaceX está a probar o seu sistema de conectividade Starlink Direct to Cell, que permite achegar cobertura móbil LTE a smartphones convencionais, eliminando a necesidade de contar cun dispositivo especial para comunicarse vía satélite.

A emprea de Elon Musk anunciou agora que este sistema non precisará ter vista directa co ceo para poder recibir sinal, o que supón a posibilidade de ter cobertura en moitos lugares, mesmo en interiores e zonas remotas.

Así o confirmou Ben Longmier, director de enxeñaría de satélites en SpaceX. Segundo Longmier, o sinal de Starlink suficiente para pode recibir en dispositivos que estean dentro do peto ou mesmo dentro dun vehículo, e puxo como exemplo conexións desde a súa mesa de comedor, situada preto dunha ventá, o que amosa o alcance do sistema.

Malia que o servizo Starlink Direct to Cell está pendente de autorizacións reguladoras para a súa operación comercial, SpaceX xa conseguiu unha autorización temporal da FCC nos Estados Unidos para enviar mensaxes de texto en situacións de emerxencia. Durante o paso do furacán Milton, Starlink proporcionou milleiros de mensaxes de emerxencia ás persoas afectadas en tan só 24 horas.

Inicio das operacións en 2025

SpaceX anunciou que o servizo Starlink Direct to Cell comezará en 2025 con soporte para “datos lixeiros” e irá incorporando de maneira progresiva a cobertura de chamadas e Internet de maior capacidade. As primeiras probas tiñan amosado velocidades de descarga de até 17 Mbps, un prometedor paso para as usuarias que desexen conexión en áreas rurais e de difícil acceso.

Con todo, SpaceX precisou solicitar unha exención á FCC para exceder os límites normais de emisións de radio, permitindo que a tecnoloxía Starlink chegue a proporcionar chamadas de voz e vídeo en tempo real. Con todo, esta solicitude atopa certa oposición por parte de operadores como AT&T e Verizon, que manifestaron preocupacións de posíbeis interferencias.

Sobre o autor

Reply