tumovil volve destacar no mercado das operadoras móbiles virtuais (OMVs) coa última actualización das súas tarifas. A compañía, coñecida polos prezos ultra baixos, ofrece agora opcións con datos ilimitados desde só 12,90 € ao mes, incluíndo servizos avanzados como 5G, VoLTE, VoWiFi, e eSIM, dispoñíbeis tanto en prepago como en contrato.
Con esta renovación, tumovil quere posicionarse como unha alternativa imbatíbel, mantendo as tarifas competitivas e engadindo melloras en cobertura e calidade de servizo. Até o de agora, tumovil operaba con cobertura Orange, pero proximamente cambiará a Vodafone, o que lle permitirá ter acceso á tecnoloxía 5G e a un servizo de maior calidade.
Novas tarifas: máis datos por menos cartos
A nova oferta de tumovil inclúe opcións para cubrir as necesidades de todo tipo de usuarias, desde 70 GB por 6,90 € ata GB ilimitados por 12,90€, e conta con paquetes para varias liñas que tamén se adaptan a familias ou grupos. Algúns dos plans dispoñibles inclúen:
- 70 GB e chamadas ilimitadas: 6,90€/mes.
- 100 GB e chamadas ilimitadas: 7,90€/mes.
- 150 GB e chamadas ilimitadas: 9,90€/mes.
- GB ilimitados e chamadas ilimitadas: 12,90€/mes.
- 2 liñas con GB ilimitados e chamadas ilimitadas: 24,90€/mes.
Esta nova gama de tarifas tamén inclúe opcións multiSIM por 3€ ao mes, permitindo ter varias tarxetas para un mesmo número, ideal para aquelas persoas que usan varios dispositivos.
Máis aló de prezos baixos
Entre os puntos fortes de tumovil destacan o acceso a tecnoloxías avanzadas, máis aló do servizo multiSIM que xa comentamos. Cobertura 5G, servizos de VoLTE e VoWiFi, ou a opción de contar con eSIM son outras das características avanzadas que ofrece esta compañía.
Porén, non conta co sistema de acumulación de datos non consumidos que teñen moitos OMV, e a velocidade de conexión tras agotar a franquía contratada redúcese a 16 kbps.
En calquera caso, coa súa nova estratexia, tumovil sitúase como unha das opcións máis económicas e completas para as usuarias ue buscan flexibilidade e acceso a servizos avanzados sen renunciar ao aforro.