Xiaomi tense convertido nunha referencia mundial no sector dos gadgets, destacando pola súa capacidade de transformar obxectos cotiáns en dispositivos innovadores e accesíbeis. Co seu enfoque de deseño minimalista, tecnoloxía avanzada e prezos competitivos, a marca chinesa expándese máis aló dos smartphones para abarcar produtosdo máis variado.
Agora, a compañía volve sorprender co seu último lanzamento, un termo intelixente especialmente pensado para as amantes das bebidas quentes como o té. Cun prezo duns 20€ ao cambio, este termo promete ser o mellor compañeiro para os días fríos de inverno.
O seu nome oficial é Pure Titanium Tea Separator Cup Warm Display, e destaca tanto polo seu deseño elegante como polas súas funcionalidades únicas. Fabricado en titanio de alta calidade, é resistente e ideal para conservar a temperatura dos líquidos, sexan fríos ou quentes. Ademais, inclúe un innovador sistema de filtro para que as infusións se preparen de forma sinxela e rápida.
Entre as características máis destacadas están a inclusión dun filtro para infusións (un compartimento con filtros en ambos lados que infusiona as herbas ao dar a volta o termo), e unha pantalla dixital, que nos permite ver a temperatura do líquido ao pasar o dedo pola superficie. Porén, aínda que descubre a temperatura, non dispón de sistema de quecemento.
Dispoñibilidade e prezo do novo termo de Xiaomi
Para as persoas interesadas en adquirir este novo produto, hai unha pequena pega: o termo intelixente de Xiaomi só está dispoñíbel a través de Youpin, a plataforma de vendas exclusiva para o mercado chinés.
Malia esta dificultade que impide agora mercalo desde outros países, o seu éxito en China podería abrir a porta á súa chegada a outros mercados.