Xiaomi vén de anunciar a dispoñibilidade no noso país da nova serie de televisores Xiaomi TV S Mini LED 2025, composta por modelos con pantallas de 55″, 65″ e 75″. Esta serie, que xa se pode mercar en mi.com/es, combina cores intensas, resolución 4K, e unha experiencia de son inmersiva para satisfacer as necesidades das usuarias máis esixentes.
Calidade avanzada con tecnoloxía Mini LED
A serie Xiaomi TV S Mini LED 2025 introduce unha resolución 4K de 3840 x 2160, mellorando nitidez e detalle. O modelo de 55″ conta con 308 zonas de atenuación local, que permite obter negros profundos e zonas brillantes intensas. Esta tecnoloxía avanzada HDR10+, con gama de cor DCI-P3 do 94%, reproduce cada escena cunha precisión de cor e contraste inigualable, facendo que os detalles cobren vida.
A serie destaca tamén pola súa taxa de refresco ultra-alta de 144 Hz e a compatibilidade con 4K a 120 Hz MEMC, ideal para escenas rápidas e accións intensas. Os porots HDMI 2.1 e VRR fan que estes televisores sexan perfectos para o gaming, asegurando unha experiencia sen retrasos nin distorsións de imaxe.
Con soporte Dolby Atmos e tecnoloxía de son IMAX Enhanced, os altofalantes estéreo integrados ofrecen un son multidimensional que transforma o salón nunha sorte de sala de cinema. Xa sexa para ver filmes ou series, o Xiaomi TV S Mini LED garante unha experiencia de audio envolvente.
No seu interior, estes modelos están equipados cun procesador de catro núcleos Cortex A73, 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento, permitindo a multitarefa sen interrupcións. A súa conectividade Wi-Fi 6, Bluetooth 5.2 e HDMI 2.1 aseguran unha transmisión rápida e estábel.
En canto ao sistema operativo, están equipados con Google TV, que ofrece acceso a todas as aplicacións para poñer todo o contido ao alcance das usuarias.
Dispoñibilidade e prezo
A serie Xiaomi TV S Mini LED 2025 xa está dispoñíbel no noso país. O modelo de 55″ custa 599€, o de 65″ 799€ e o de 75″, 999€.