OPPO continúa avanzando no campo da fotografía móbil coa nova serie Find X8 que, como xa avanzamos hais uns días, será presentada proximamente. Aproveitando a celebración da feira internacional Paris Photo 2024, o fabricante organizou unha mesa rendonda para amosar as capacidades fotográficas do seu novo dispositivo. Un trebello co que OPPO quere facer accesíbel a fotografía -case- profesional a o público masivo.
A fotografía móbil: prioridade para usuarias e fabricantes
A fotografía móbil converteuse nun aspecto esencial para as usuarias de smartphones, que buscan capturar e compartir momentos da súa vida cotiá sen a necesidade de equipos complexos. É por iso que nos últimos anos, os fabricantes intensificaron os seus esforzos para ofrecer cámaras máis avanzadas nos seus dispositivos, conscientes de que as usuarias valoran a calidade das fotos tanto -ou máis- como o rendemento xeral do teléfono.
A nova serie que prepara o fabricante chinés, a OPPO Find X8, é un exemplo desta tendencia, integrando tecnoloxías innovadoras que prometen mellorar a calidade de imaxe, o enfoque e a captura de detalles en cada toma.
Serie Find X8: retratos con realismo
OPPO comentou en París que a súa proposta é “, presentou a proposta da marca: “Captura”capturar a beleza da vida con facilidade”, toda unha declaración de intencións para democratizar a fotografía profesional en dispositivos móbiles, ofrecendo tecnoloxías avanzadas sen complicacións técnicas.
Parece que a nova serie Find X8 destacará especialmente na fotografía de retratos, co novo concepto de “retrato ambiental atmosférico”, que permite capturar escenas cheas de ambiente cun só clic, potenciando a naturalidade e a expresión de cada imaxe.
Outra das innovacións máis destacadas na serie Find X8 é a función de fotografía instantánea avanzada, deseñada para capturar suxeitos en movemento sen perder calidade, grazas á súa arquitectura de procesamento de imaxe. Esta tecnoloxía asegura que as usuarias poidan capturar cada momento sen preocuparse por seleccionar o modo axeitado ou axustar configuracións, facilitando unha experiencia fotográfica intuitiva e de alta calidade.
Exposición “Dear Life”
No marco de Paris Photo 2024, OPPO presentou tamén a exposición “Dear Life”, que reuniu as obras gañadoras dos seus premios imagine IF Photography Awards 2024. Con máis dun millón de fotografías presentadas desde 81 países, as imaxes seleccionadas exploran temas como a amizade, o tempo e a autorreflexión.
Baixo as seccións Dear World, Dear Time, Dear Friend e Dear Me, esta exposición amosa a diversidade e creatividade na fotografía móbil, confirmando o potencial dos smartphones para capturar a esencia humana e os momentos únicos da vida.
As fotografías deste concurso pódense consultar neste enlace.