Seis centros educativos galegos gañan a IV edición de Ciberseguridade no Cole

Un equipo de seis alumnas e alumnos dos colexios CPR San Pío X, de Ourense; CEIP Cabanas, de Salcedo; e Sek Atlántico International School, de Pontevedra, resultaron gañadoras do certame IV edición de Ciberseguridade no Cole! na categoría de Primaria. O concurso, promovido por Telefónica, tamén premiou outro equipo de seis alumnas e alumnos do IES Valle-Inclán, de Pontevedra; o IES Rosais II, de Vigo; e o CPI As Mirandas de Ares, na modalidade de secundaria.

A entrega de premios tivo lugar a finais da semana pasada en Santiago de Compostela, tras un proceso que comezou o pasado 15 de outubro, cando se iniciou a clasificación online. Arredor de 7.500 alumnas e alumnos de toda Galiza, pertencentes a 270 clases de 121 centros educativos participaron nesta sexta edición.

O obxectivo do certame é fomentar a concienciación en materia de ciberseguridade no ámbito escolar, e facilitar que o alumnado adquira os coñecementos e as ferramentas necesarias para facer fronte aos riscos dos medios dixitais.

Sobre o autor

Reply