Tras a súa adquisición por Zegona, Vodafone está a apostar por competir en prezo, axustando os seus plans para captar clientela. A súa última proposta vai na mesma liña, ofrecendo unha oferta que, malia ser temporal, resulta moi competitiva e interesante para as usuarias que buscan un produto completo.
O novo plan converxente de Vodafone permite contratar a fibra óptica con 600 Mbps, dúas liñas móbiles con chamadas e datos ilimitados (100 GB a velocidade 5G, resto a 2 Mbps) e televisión Vodafone TV con 80 canles e a subscrición ás catro principais plataformas de streaming (Netflix, Amazon, Max e Disney+) por 47,49 €/mes durante os tres primeiros meses. Logo deste período promocional, pasa a valer 68,49 €/mes, cun compromiso de permanencia de 12 meses.
As usuarias poden adaptar o plan, incrementando a velocidade da fibra a 1 Gbps e/ou facendo que as liñas móbiles teñan datos ilimitados a velocidade 5G. Os prezos quedan do seguinte xeito:
- Fibra 600 Mbps + 2 liñas móbiles (100 GB en 5G, resto 2 Mbps) + TV + streaming: 47,49 €/mes (68,49 €/mes logo de tres meses).
- Fibra 600 Mbps + 2 liñas móbiles (5G ilimitado) + TV + streaming: 57,49 €/mes (78,49 €/mes logo de tres meses).
- Fibra 1 Gbps + 2 liñas móbiles (100 GB en 5G, resto 2 Mbps) + TV + streaming: 52,49 €/mes (73,49 €/mes logo de tres meses).
- Fibra 1 Gbps + 2 liñas móbiles (5G ilimitado) + TV + streaming: 62,49 €/mes (83,49 €/mes)
Con esta nova oferta, Vodafone aspira a continuar mellorando os seus datos de captación de clientes. Recentemente coñeceuse o dato de que a compañía volvía a cifras positivas de clientes, algo imprescindíbel para facer viábel a empresa nun mercado tan competitivo.