O2 actualiza as tarifas converxentes, con máis datos no móbil e máis velocidade na fibra

O mes do Black Friday é o momento que moitas operadoras aproveitan para facer cambios nas súas tarifas, ás veces de forma promocional e outras, como no caso de O2, de maneira permanente. A segunda marca de Telefónica, coñecida pola súa oferta sinxela e centrada na calidade, anunciou onte unha nova revisión dos seus plans. Comezando pola súa clientela, a compañía mellora todas as propostas converxentes, incluíndo máis datos no móbil e máis velocidade na fibra.

Nova oferta converxente de O2

Tras estes cambios, a proposta converxente de O2 queda formada por cinco tarifas que, sen mudar o seu prezo mensual, incrementan os datos móbiles, a velocidade da fibra ou ambas as dúas cousas á vez.

  • 30 €/mes. Fibra 300 Mbps + móbil 30 GB (incrementa 20 GB os datos móbiles).
  • 35 €/mes. Fibra 600 Mbps + móbil 50 GB (incrementa velocidade da fibra desde os 300 Mbps e engade 10 GB de datos no móbil).
  • 38 €/mes. Fibra 1 Gbps + móbil 120 GB (incrementa velocidade de fibra desde os 500 Mbps e dobra a cantidade de datos).
  • 44 €/mes. Fibra 1 Gbps + móbil 250 GB (incrementa 150 GB de datos no móbil).
  • 50 €/mes. Fibra 1 Gbps + móbil 350 GB + Movistar Plus+ (incrementa 150 GB os datos no móbil).

Todos os plan converxentes de O2 inclúen teléfono fixo con chamadas ilimitadas a fixo e móbiles. Ademais, no móbil, permiten navegación a velocidade 5G+, a tecnoloxía máis avanzada de conectividade.

Como vén sendo habitual en O2, os cambios son automáticos, polo que as usuarias actuais de O2 poderán desfrutalos a partir do cambio do seu ciclo de facturación, o próximo 18 de novembro. As novas clientas da compañía poderán contratar estes plans igualmente a partir do próximo 18 de novembro.

Sobre o autor

Reply