A operadora Digi continúa coa reestruturación da súa oferta comercial. Desta vez os cambios afectan ás liñas móbiles, onde vén de unificar as súas tarifas móbiles Digi Ilimitado e Digi Combo, de maneira que a súa clientela pode desfrutar de chamadas ilimitadas e minutos internacionais ao mesmo tempo.
As únicas dúas tarifas que permanecen sen cambios son as máis económicas, que continúan como até o de agora:
- 100 minutos nacionais + 5 GB por 3 €/mes (2 €/mes asociada a un contrato de fibra).
- 100 minutos nacionais e internacionais + 15 GB por 5 €/mes (3 €/mes asociada a un contrato de fibra).
As tarifas que melloran son as seguintes, que pasan a incluír chamadas internacionais.
- Chamadas ilimitadas + 100 minutos internacionais + 30 GB por 7 €/mes (5 €/mes asociada a un contrato de fibra).
- Chamadas ilimitadas + 400 minutos internacionais + 60 GB por 10 €/mes (6 €/mes asociada a un contrato de fibra).
- Chamadas ilimitadas + 800 minutos internacionais + 120 GB por 12 €/mes (8 €/mes asociada a un contrato de fibra).
- Chamadas ilimitadas + internacionais ilimitadas + GB ilimitados por 15 €/mes (10 €/mes asociada a un contrato de fibra).
Con estes cambios , a operadora simplifica a súa oferta, facendo que esta sexa máis sinxela e, ao tempo, inclúa novas vantaxes. Unhas melloras que se aplican automaticamente, e de forma gratuíta á actual clientela, e da que tamén se benefician as e os novos clientes. A súa aplicación comezará este sábado, 16 de novembro.
Digi ofrece servizo móbil coa rede de Movistar, con acceso á conectividade 5G. Tamén dispón de eSIM e acceso ás tecnoloxías VoLTE e VoWiFi