O fabricante chinés OPPO vén de anunciar o lanzamento da súa serie Find X8 e a nova versión do sistema operativo ColorOS 15, baseada en Android 15, para o próximo 21 de novembro. En Europa está prevista a chegada unicamente do OPPO Find X8 Pro, o modelo premium da serie.
Equipado cunha pantalla de 6,79 polgadas de cristal curvado, o OPPO Find X8 Pro estrea a cámara teleobxectivo de dobre periscopio de OPPO no mercado global. Tamén inclúe o último sistema de cámara mestra Hasseblad de OPPO, e co seu AI Telescope Zoom pode chegar máis lonxe ca nunca, activándose a 10x e máis aló.
A súa batería, fabricada en silicio – carbono, será de 5910 mAh e contará con carga ultrarrápida. No interior do dispositivo atoparemos un procesador MediaTek Dimensity 9400, e como sistema operativo levará ColorOS 15.
O novo OPPO Find X8 Pro Estará dispoñíbel en dúas cores, Space Black (negro) e Pearl White (branco), e cada dispositivo do modelo en branco presentará un patrón nacarado único, que confire unha calidade exclusiva á cor.