Lowi celebra un ano máis o Black Friday cunha iniciativa que premia á súa clientela. Entre hoxe, 18 de novembro, e o día 29, a operadora celebrará sorteos exclusivos de luns a venres, ofrecendo máis de 100 premios a través da súa app Mi Lowi. Entre estes agasallos destacan dispositivos como o Samsung Galaxy S24, videoconsolas PlayStation 5 ou a aspiradora Dyson V12 Detect, entre outros.
A dinámica para participar é moi sinxela: a clientela só ten que entrar no espazo LOSdeLOWI dentro da app Mi Lowi e rexistrarse -cada día- para o sorteo diario. Cada xornada anunciarase cal será o dispositivo protagonista, ofrecendo a oportunidade de levar un premio tecnolóxico á casa.
Premios tamén para a nova clientela polos 10 anos de Lowi
A nova clientela de Lowi que contrate os seus servizos entre o 18 e o 29 de novembro tamén participarán nos sorteos. Basta con elixir un plan de fibra e móbil ou unha liña móbil con portabilidade para entrar automaticamente nesta promoción exclusiva.
Esta campaña forma parte das celebracións do 10º aniversario de Lowi, unha ocasión especial coa que a operadora quere agradecer a lealdade e confianza da súa clientela. Nesta década, Lowi consolidouse como unha marca que aposta pola comunidade, a innovación e unha experiencia dixital única, cunha app que está entre as mellor valoradas do sector.