JBL axúdanos a atopar os auriculares perfectos co novo TWS Fit Checker

Atopar os auriculares perfectos pode ser un verdadeiro quebradeiro de cabeza. As diferentes formas de oído, os estilos de uso ou as preferencias auditivas fan que dar co modelo ideal sexa unha tarefa que pode resultar complexa. Ademais, cando os prezos son elevados, o medo a investir nun dispositivo que non acabe de resultarnos cómodo ou que no ofreza a experiencia esperada, pode frear a decisión de compra.

Desde JBL, conscientes desta problemática, veñen de presentar o sistema TWS Fit Checker. Trátase dunha nova ferramenta web coa que pretenden axudar ás usuarias a atopar os auriculares in-ear que mellor se adaptan ás súas necesidades. Unha experiencia máis personalizada e cómoda, elimiando as incómodas probas físicas.

O JBL TWS Fit Checker é unha aplicación web que, nun percorrido guiado, analiza a forma do noso oído e as preferencias auditivas de cada persoa para recomendar o modelo perfecto, dentro do portfolio que ofrece o fabricante. Esta nova serie de auriculares aos que está dirixida a ferramenta, os Live TWS 3, ofértanse en tres estilos diferenciados:

  • Live Buds 3: están destinados a persoas con canais auditivos grandes ou redondeados.
  • Live Beam 3: resultan máis apropiados para persoas con ouvidos máis pechados ou estreitos, con mellor cancelación de ruído.
  • Live Flex 3: están deseñados para combinar son premium co mantemento da percepción ambiental.

Malia as diferenzas entre eles, os tres modelos incorporan tecnoloxías avanzadas, como a cancelación de ruído adaptativa, son Hi-Res sen fíos e unha funda intelixente cunha pantalla táctil para un control máis cómodo, sen precisar o teléfono.

A ferramenta de elección de auriculares TWS Fit Checker pódese empregar desde este enlace, mentres que para mercar os Live TWS 3 debemos acceder a JBL.es, onde están dispoñíbeis por 199,99 €.

Sobre o autor

Reply