SPC vén de anunciar o seu novo móbil SPC Polaris, orientado a persoas maiores e compatíbel coa aplicación SPC Care, que busca eliminar as barreiras tecnolóxicas e reforzar a autonomía das persoas de idade avanzada.
A aplicación SPC Care destaca pola súa capacidade de asistencia remota en tempo real, permitindo que as persoas coidadoras poidan configurar os teléfonos das persoas maiores sen necesidade de intervención directa. Isto inclúe cuestións como axustar parámetros básicos -como o brillo ou o volume- até a creación de recordatorios de saúde.
Ademais, SPC Care tamén controla chamadas perdidas, mensaxes recibidas e mesmo envía alertas de inactividade ou batería baixa. Dispón de protección contra spam, funcións de seguimento da saúde (con recordatorios de medicamentos e medición de pasos diarios) e localización GPS, que permite coñecer en todo momento onde se atopa a persoa maior.
En canto ao terminal, o SPC Polaris, destaca polo seu deseño ergonómico de tipo cuncha, unha pantalla principal de 2,8’’ e outra exterior de 1,4’’ para amosar información clave. Inclúe teclas grandes, compatibilidade con audífonos e unha base de carga accesíbel.
Outras características destacadas deste modelo é a conectividade 4G, para chamadas de alta calidade, e a incorporación de Botón SOS (configurábel con até 15 contactos de confianza). A súa batería é de 1400 mAh, con carga por USB-C ou na base, e a cámara de 2 Mps. Tamén dispón de funcións como radio, lanterna ou calendario.
Dispoñibilidade e prezo do SPC Polaris
O novo SPC Polaris ten un prezo de venda de 99,90 €. Porén, como promoción de lanzamento, pode adquirirse por 79,90 € na web oficial de SPC até o 8 de decembro.