Como podemos aforrar enerxía no outono grazas á tecnoloxía IoT

Os últimos días puxeron fin a un outono atípico. A baixada das temperaturas marcaron o inicio do outono máis frío, e anticiparon a próxima chegada do inverno. Este cambio non só animou a moitas persoas a sacar as mantas e acender a calefacción, senón que tamén comezou a disparar o consumo enerxético nos fogares. Ante iso, moitas persoas pregúntanse por esas promesas da tecnoloxía para axudarnos a manter a calor e, ao tempo, contribuír a controlar aos gastos. Grazas aos dipositivos da Internet das Cousas (IoT) é posíbel crear un fogar máis eficiente, cómodo e sostíbel.

Os dispositivos IoT son aparellos conectados a Internet, que permiten automatizar e monitorizar tarefas cotiás. Desde bombillas intelixentes, que regulan a intensidade da luz, até termostatos programábeis ou enchufes intelixentes. Son solucións que aportan comodidade e, ao tempo, dannos o control para reducir o consumo enerxético.

Estes aparellos son quen de monitorizar o uso da electricidade en tempo real, permitindo axustar o consumo. Ao tempo, permítennos establecer rutinas de automatización, programando horarios de luces, calefacción ou electrodomésticos, evitando desperdicios enerxéticos. E, o mellor de todo, fan posíbel que poidamos xestionalo todo desde o noso smartphone, mesmo estando fóra da casa.

Dispositivos IoT chave para aforrar enerxía

No mercado podemos atopar ducias de dispositivos IoT que nos axudan a aforrar enerxía, entre os que destacan as bombillas, os termostatos e os enchufes conectados.

  • Bombillas intelixentes: axustan a intensidade da luz e permiten programar horarios de acendido e apagado. A redución da intensidade ao 75% pode aforrar até un 25% na factura da luz.
  • Termostatos intelixentes: adaptan a temperatura segundo a rutina diaria, e permiten controlar a calefacción remotamente e limitar o consumo durante as horas val.
  • Enchufes intelixentes: monitorizan o consumo de cada dispositivo e evitan o consumo pantasma, desconectando parellos en standby cando non se usan.
  • Medidores de enerxía: analizan en tempo real o uso de electricidade e detectan picos de consumo.
  • Persianas automatizadas: aproveitan ao máximo a luz solar, reducindo a necesidade de iluminación artificial ou calefacción.

Integrando estes aparellos no noso fogar podemos reducir até un 30% o consumo enerxético da nosa casa. Isto supón non só un importante aforro económico que permite recuperar o investimento en aparellos, senón que tamén contribúe a reducir o impacto ambiental do noso consumo.

Sobre o autor

Reply