Dinahosting súmase ao Black Friday con dominios gratis e descontos en varios produtos

O Black Friday tense convertido nunha data chave para aproveitar descontos e promocións, especialmente no mundo dixital. A galega Dinahosting, que ademais é unha das empresas líderes en servizos de aloxamento web no conxunto do Estado, súmase un ano máis a esta celebración con diversas ofertas especiais. Até o próximo 1 de decembro, a compañia ofrece importantes promocións que poden marcar a diferenza nos nosos proxetos online.

Hosting con dominio de balde e VPS con desconto

Unha das promocións máis destacadas de Dinahosting neste Black Friday é a oferta de hosting con dominio de balde. Así, poderemos desfrutar dun Plan de Hosting Avanzado por 2,75 €/mes durante un ano, incluído o dominio (.com; .es ou .org).

E se xa temos un hosting, podemos rexistrar un novo dominio con descontos especiais, que deixan os .es; .org; e .eus en 9,75 €, e o .com en 10,99 €. Con eles levaremos ademais unha conta de correo de balde.

Por outra banda, a compañía tamén ofrece un desconto do 20% en todos os VPS (Administrados e Non Administrados) e o 50% de desconto en Backups e Licenzas ilimitadas para VPS Administradores. E para aqueles proxectos máis esixentes, teremos un 25% de desconto en Servidores Dedicados.

Sorteo de tres vales para futuras compras

Ademais dos descontos, as compras de novos produtos que se realicen durante a semana do Black Friday poden traer recompensas extra. Introducindo o código BLCKFRIDAYDH ao realizar a compra, estaremos participando nun sorteo de tres vales de puntos DH.

O primeiro premio consta de 500 puntos (500 €), o segundo de 250 puntos (250 €) e o terceiro de 100 puntos (100 €). De resultar gañadoras dalgún destes premios, sumaranse ao saldo do noso Panel de Control, podéndose descontar en futuras compras.

Dinahosting: unha aposta segura

Máis aló das promocións, Dinahosting ten un servizo de atención ao cliente impecábel (e en galego!), que nos axuda a resolver todas as nosas necesidades. Un servizo 24 horas a través dun teléfono gratuíto (900 854 000), por correo electrónico ou chat web.

Ademais, se temos a nosa web noutro provedor, esta semana encargaranse gratuitamente de facer a migración, tanto da web como do correo electrónico.

Sobre o autor

Reply