Nova subida de prezos en Movistar para o 2025

O comezo de 2025 chegará cun clásico pouco desexado para as usuarias de Movistar: unha nova suba de prezos. Como xa vén sendo habitual, a principal marca de Telefónica aplicará en xaneiro unha revisión á alza das súas tarifas, xustificando este incremento nos custes do sector, especialmente polos acordos con provedores de contidos audiovisuais.

Será a partir do 13 de xaneiro cando as usuarias da compañía teñan que facer fronte a estes novos prezos, que afectan tanto ás tarifas de fibra como aos paquetes combinados e aos servizos que inclúen televisión.

Novas tarifas de Movistar a partir de xaneiro

A operadora xa comezou a notificar á súa clientela os cambios nas tarifas que aplicará a partir de xaneiro, cuxos principais cambios pasamos a resumir a continuación.

Paquetes de televisión

  • Movistar Plus+: pasa de 12 a 13 €/mes (+1 €/mes).
  • Netflix Estándar: pasa de 12 a 13,99 €/mes (+1,99 €/mes).
  • Ficción Total: pasa de 14 a 17,01 €/mes (+3,01 €/mes).
  • Fútbol Total: pasa de 45 a 49 €/mes (+ 4 €/mes).

Tarifas de só fibra

  • Fibra 300 Mbps: pasa de 31,90 a 34 €/mes (+2,10 €/mes).

Tarifas miMovistar

  • Movistar Base: pasa de 52,90 a 53 €/mes (+0,10 €/mes).
  • Movistar Max: pasa de 59,90 € a 63 €/mes (+3,10 €/mes).

Chamadas

Tamén haberá cambios nos custes das chamadas para aqueles plan que non inclúen chamadas a determinados destinos, como é o caso da telefonía fixa que non inclúe chamadas a móbiles:

  • Establecemento de chamada fixo a móbil: de 0,35 a 0,55 €/chamada (+0,20 €/chamada).
  • Establecemento de chamada de móbil: de 0,50 a 0,55 €/ chamada (+0,05 €/chamada).

Dereitos das usuarias

Aquelas usuarias que non estean dispostas a asumir esta suba de prezos poden darse de baixa da compañía ou cambiar de tarifa sen penalización, sempre que non exista outro compromiso asociado que inclúa, por exemplo, un dispositivo. As usuarias con prezos promocionais manterán o seu desconto até a fin da promoción, momento no cal xa se lle aplicarán as novas condicións.

Estas subidas, previsíbeis, supoñen un novo golpe para moitas usuarias que veñen padecendo ano a ano os incrementos de prezo da compañía. Unha forma de evitalos é buscar alternativas, como a propia O2, a segunda marca da operadora.

O2 ofrece a mesma calidade técnica da marca principal, incluíndo fibra até 1 Gbps; móbil con servizos avanzados como 5G+, multiSIM e eSIM e mesmo televisión a un prezo moito máis axustado e para sempre.

Sobre o autor

No Responses

Reply