HONOR anuncia o primeiro calendario de actualizacións a MagicOS 9.0, baseado en Android 15

HONOR vén de anunciar o lanzamento de MagicOS 9.0, a nova versión do seu sistema operativo, baseado en Android 15, que vén mellorado con intelixencia artificial (IA). A primeira versión oficial estará dispoñíbel en decembro, inicialmente no HONOR Magic V3, o smartphone encartábel máis premium da marca. Esta nova actualización aposta por mellorar a interacción entre as usuarias e os dispositivos, incrementando a personalización e integrar a IA en todos os aspectos do dispositivo, marcando un paso adiante no deseño de experiencias máis intelixentes e fluídas.

Entre as principais novidades, MagicOS 9.0 integra Magic Portal e Magic Capsule, dúas funcións deseñadas para facilitar o acceso e a interacción cos servizos. Magic Portal permite rodear un obxecto coa cámara para recoñecer texto ou imaxes, ofrecendo unha conexión directa aos servizos desexados. Pola súa parte, Magic Capsule amplía as súas capacidades para xestionar tarefas cotiás con maior rapidez.

No ámbito da produtividade, IA Notes introduce Actas con IA, unha funcionalidade capaz de gravar reunións e xerar resumos profesionais cun só toque. Ademais, a ferramenta Goma de borrar con IA facilita eliminar obxectos non desexados das imaxes de forma sinxela.

No que ten a ver coa personalización, coas funcións Escritorio Versátil, Pantalla de Bloqueo Máxica e Estilo Dixital con IA, as usuarias poden adaptar os seus dispositivos ao seu estilo persoal, mesturando tecnoloxía e estética nunha experiencia máis individualizada.

Calendario de actualizacións de HONOR

A actualización inicial chegará ao HONOR Magic V3 en decembro, seguida de outros dispositivos da marca como o HONOR Magic6 Pro, Magic V2, Magic5 Pro, Magic Vs e MagicPad 2, entre outros. O despregamento será gradual en Europa.

Sobre o autor

Reply