R lanza un servizo de enerxía 100% verde e galega con descontos nos servizos de telecomunicacións

O operador galego R vén de anunciar o lanzamento dunha nova oferta de luz e gas 100 % verde e de orixe galega, vinculada a descontos permanentes na factura de telecomunicacións. Esta proposta únese ao ecosistema integral de servizos para o fogar que R ofrece á súa clientela, na liña da diversificación de servizos pola que aposta o Grupo MASORANGE.

As usuarias que contraten as subministracións de luz e gas con R beneficiaranse dunha rebaixa fixa de até 9 €/mes (6 € pola luz e 3 € polo gas) na súa factura de telecomunicacións (fixo, móbil, Internet e TV). Este desconto, que supón 108 €/ano, que ademais será acumulábel por cada punto de subministración. Por exemplo, aquelas persoas que contraten o servizo para unha segunda residencia poderán aforrar até 216 €/ano. Ademais, o contrato non inclúe permanencia, garantindo flexibilidade total no servizo.

Prezo único e control do gasto

A tarifa de luz e gas de R ofrece un prezo único as 24 horas, evitando sorpresas desagradábeis na factura e facilitando o consumo en calquera momento do día. A través dunha app específica, as usuarias poderán:

  • Consultar o gasto estimado con antelación.
  • Recibir recomendacións personalizadas sobre a potencia contratada.
  • Seguir consellos adaptados ás necesidades de cada fogar.

Con estas ferramentas, estímase que o 60 % das usuarias poderá aforrar unha media de 60 €/ano, mellorando a eficiencia enerxética.

Compromiso co medio ambiente

R certifica que a enerxía ofrecida é de orixe local e renovábel, e para compensar as emisións do servizo de gas, comprométese a realizar plantacións de árbores. Esta iniciativa contribúe á sustentabilidade e á transformación do sector enerxético nun modelo máis xusto e natural, reafirmando o compromiso de R coa sociedade galega.

Dispoñibilidade do novo servizo de lus e gas de R

O servizo de enerxía xa está dispoñíbel en todas as canles de R (tendas, web e atención telefónica) e pódese contratar en só 5 minutos, sen papelame nin visitas de persoal técnico. A mudanza faise efectiva entre 3 e 5 días sen interrupción na subministración.

Para máis información e contratación, pódese visitar a web luzegasR.gal

Sobre o autor

Reply