DIGI TV xa é unha realidade, e chega por 7 euros ao mes

Logo de varios meses de rumores e expectativas, DIGI cumpre as demandas da súa clientela lanzando DIGI TV, un servizo de televisión que inclúe máis de 100 canles, e que está dispoñíbel por só 7 €/mes. Un lanzamento que reflicte o compromiso da compañía por ofrecer servizos accesíbies, reafirmando o seu lugar como un dos operadores de telecomunicacións máis destacados do Estado español.

Na oferta televisiva de DIGI TV atopamos unha ampla varieadade de contidos para todos os gustos, que inclúen canles temáticos coñecidos:

  • Cine e series: Warner TV, AXN, Comedy Central, Star Channel, entre outros.
  • Deportes: Eurosport, Real Madrid TV, GolPlay, Surf Channel, entre outros.
  • Documentais: National Geographic, Discovery Channel, Historia, Odisea, entre outros.
  • Infantil: Nickelodeon, Disney Junior, Baby TV, entre outros.
  • Entretenemento: Cosmo, Canal Cocina, MTV, entre outros.
  • Noticias e internacionais: CNN International, France 24, DIGI 24, entre outros.
  • Música: Hit TV, Music Channel, entre outros.

Ademais, tamén inclúe as canles habituais das televisión dixital terrestre (TDT) de emisión e estatal e autonómicos, garantindo unha experiencia televisiva completa.

Como é habitual neste tipo de servizos, DIGI ofrece características avanzadas na súa televisión, que inclúe:

  • Reprodución multidispositivo: acceso a través de Smart TVs (Android, Samsung, LG), smartphones, tablets e outros dispositivos.
  • Sesións simultáneas: permite visualizar contidos en varios dispositivos ao mesmo tempo, dentro e fóra do fogar.
  • Últimos 7 días: revisa calquera programa emitido durante a última semana.
  • Control parental: filtra os contidos segundo a idade dos usuarios.
  • Pausa e rebobinado: permite parar e retroceder en tempo real para repetir momentos específicos.

Dispoñibilidade e prezo de DIGI TV

As usuarias de DIGI que xa teñan contratado algún plan de fibra xa poden engadir DIGI TV por 7 €/mes. Ademais, en zonas seleccionadas -que a operadora asegura que irá ampliando progresivamente- pódese combinar con fibra desde 17 €/mes, o que supón un prezo moi competitivo para os dous servizos.

A contratación de DIGI TV pode facerse directamente desde a web de DIGI, nos puntos de venda e stands comerciais; chamando ao 1200 ou ao 642 642 642 ou contactando a través do chat ou WhatsApp dispoñíbeis na web.

Sobre o autor

Reply