Levamos semanas falando do OnePlus 13, un dispositivo cuxo lanzamento ao mercado global está previsto para xaneiro. Será o novo teléfono flagship da compañía, deseñado para persoas que buscan resistencia, estilo e tecnoloxía avanzada. Un trebello que será o primeiro da marcaen contar con certificación IP68 + IP69, que garante protección total contra a auga e o po.
Entre as súas características máis destacadas atópase a pantalla RadiantView, que optimiza a visualización incluso baixo luz solar intensa, reducindo a fatiga visual durante o uso prolongado. Ademais, incorpora a innovadora tecnoloxía Aqua Touch 2.0, que mellora a sensibilidade táctil en condicións de humidade, permitindo unha interacción fluída mesmo en contornas adversas.
En termos de fotografía, o OnePlus 13 leva a experiencia a un nivel superior coa 5ª xeración de cámaras Hasselblad para móbiles, deseñadas para capturar retratos de calidade -case-profesional. Tamén introduce a gravación de vídeo en Dolby Vision 4K en todos os sensores, permitindo crear vídeos de calidade cinematográfica para rememorar aventuras únicas.
O deseño do dispositivo tamén é unha declaración de estilo e funcionalidade. Estará dispoñíbel en tres acabados exclusivos. O modelo Midnight Ocean utiliza pel vegana de microfibra, que combina unha sensación de luxo coa resistencia a arañazos. O Black Eclipse aposta por un cristal co efecto visual do gran de madeira de palisandro, mentres que o Arctic Dawn incorpora un revestimento de cristal pioneiro no sector, suave ao tacto e resistente ás pegadas.
Calendario de aventuras do Explorador
Para conmemorar este lanzamento, OnePlus presentou esta semana o Calendario de Aventuras do Explorador, unha proposta innovadora que substitúe as tradicionais chocolatinas de Advento por experiencias únicas. Este calendario ofrece unha estadía de 10 días en Islandia, “a terra do lume e do xeo”, con actividades irrepetíbeis. Entre elas destacan o buceo entre placas tectónicas, visitas a lagunas xeotérmicas e ao Túnel de Lava, así como o avistamento de baleas en contornas naturais impresionantes.
A última sorpresa do calendario será o propio OnePlus 13, un dispositivo deseñado para inspirar aos exploradores e axudarlles a inmortalizar cada momento das súas viaxes. Esta iniciativa responde ao desexo de aventura de moitos, xa que segundo un estudo de OnePlus, o 65% dos españois afirma que non pode explorar tanto como lle gustaría.
Para participar é necesario rexistrarse na web oficial de OnePlus (https://www.oneplus.com/es) para optar a esta experiencia valorada en 25.000 €. O sorteo celebrarase o 7 de xaneiro de 2025 e premiará a unha persoas afortunada cunha viaxe inesquecíbel e o novo OnePlus 13..