Ademais de polos devagares das fusións, o ano 2024 está a ser marcado pola proliferación de tarifas de fibra e móbil a prezos até o de agora inimaxinábeis. Cada vez son máis os operadores que lanzan propostas dirixidas a aquelas persoas que teñen acceso a cobertura de fibra directa, un servizo que, aínda que limitado en dispoñibilidade, está a medrar de forma considerábel.
Empresas como Digi, Lowi ou Finetwork sumáronse a este carro, ofrecendo propostas moi interesante a aproximadamente 11 millóns de unidades inmobiliarias. Fibra 300 Mbps por 10 €/mes e combinados con móbil por 15 €/mes en Digi; fibra 600 Mbps por 20 € (25 € con móbil) en Lowi ou a fibra 600 Mbps con móbil por 18,90 € en Finetwork son só algún dos plans que podemos aproveitar se temos cobertura directa de fibra dalgunha destas compañías.
Suop, novo competidor na fibra ultrabarata
Suop entra agora nesa guerra cunha proposta exclusiva para a nova clientela que contrate os seus servizos. O prezo de 25,99 € ao mes é o máis baixo entre os os combinados dispoñíbeis, posicionándose como unha das opcións máis atractivas do mercado.
A tarifa inclúe:
- Fibra: 500 Mbps simétricos en zonas con cobertura de fibra propia de Orange.
- Móbil: 1 liña con chamadas ilimitadas e 100 GB a máxima velocidade.
- Router Wifi 5: Incluído sen custo adicional.
- Alta gratuíta: Sempre que se manteña o servizo durante un mínimo de tres meses.
Ademais, as tarifas de Suop aproveitan a cobertura 5G de Orange e ofrecen servizos adicionais, como a multiSIM e eSIM para maior comodidade das usuarias.
Porén, o maior beneficio da proposta de Suop é que o acceso a este plan é bastante superior en número de potencias clientes, xa que aproveita os 18 millóns de unidades inmobiliarias aos que ten acceso directamente a través de Orange. Isto supón 7 millóns de potenciais clientes adicionais ás propostas das outras operadoras citadas anteriormente.
Unha batalla que non fixo máis que comezar
A batalla das tarifas de fibra e móbil ultra baratos non fixo máis que comezar. Con cada vez máis operadores sumándose á competencia, as opcións para as usuarias son máis amplas que nunca. Suop, co seu prezo competitivo e servizos adicionais, parece colocarse como unha das mellores eleccións para quen busquen aforro nesta época de gastos.