A finais de novembro, OPPO presentou o seu novo buque insignia, o OPPO Find X8 Pro. Este smartphone chega para diluír a fenda entre a fotografía móbil e a profesional, ofrecendo funcións que permiten capturar imaxes de gran calidade. Nun momento onde todos levamos unha cámara no peto, o OPPO Find X8 Pro destaca por poñer ferramentas innovadoras ao alcance de calquera usuaria.
O sistema de cámaras máis avanzado de OPPO
O OPPO Find X8 Pro integra o sistema de cámaras Hasselblad Master, composto por catro cámaras traseiras de 50 MP: ultra gran angular, sensor principal e dous teleobxectivos con zoom óptico de 3x e 6x. Esta configuración permite desde capturar paisaxes amplas até enfocar detalles afastados con gran precisión. Ademais, combina a calidade das lentes con tecnoloxías como o AI Zoom Telescópico, que mellora os resultados grazas ao uso da intelixencia artificial.
Pero ademais, OPPO apostou por elevar a experiencia de uso coa incorporación de modos de fotografía adaptados a diferentes situacións:
- Modo Escenario: Ideal para fotografar en ambientes con moitas luces, garantindo nitidez e equilibrio.
- Modo Silueta: Adaptado para fotos a contraluz, destacando contornos sen distorsións.
- Modo Retrato Hasselblad: Retratos ópticos a 135 mm que capturan detalles dinámicos e realistas.
- Modo Foguetes: Capta a secuencia de cores dos fogos de artificio con claridade, facendo as tomas máis espectaculares.
Estas ferramentas permiten que as usuarias poidan opter resultados máis precisos, independentemente da súa experiencia previa.

Experiencia fotográfica optimizada
Un dos elementos que distingue o OPPO Find X8 Pro é o Quick Button, situado no lateral dereito, que activa rapidamente a cámara e mellora o agarre para fotografar en horizontal. Esta función emula a experiencia dunha cámara profesional, sendo moi apropiada para capturar momentos espontáneos.
A función Livephoto é outra novidade destacada: captura 1,5 segundos antes e despois de disparar, permitindo elixir o fotograma exacto que se converterá na imaxe final. Isto asegura que cada elemento estea en perfecta sintonía.
Por outra banda, a intelixencia artificial está presente en funcións como AI Clarity Enhance, que devolve nitidez a fotos antigas, ou AI Unblur, que restaura cores e texturas naturais. Ademais, AI Reflection Remover elimina brillos indesexados, sendo ideal para fotos a través de cristais.
Con todas estas características, o OPPO Find X8 Pro é máis ca un smartphone: é unha ferramenta que democratiza a fotografía -case- profesional. Un dispositivo que xa se pode mercar no noso país, onde está dispoñíbel por 1.249 € na súa configuración de 16GB+512GB.
