Honor Watch 5, unha boa alternativa na gama media de smartwatches para regalar este Nadal

O Honor Watch 5 chegou hai un mes ao mercado español como unha evolución destacada dentro da súa gama, ofrecendo melloras técnicas que consolidan a súa posición como unha opción sólida e funcional dentro da gama media. Este reloxo intelixente destaca polo seu deseño refinado e lixeiro, cun peso de 35 gramos e un grosor optimizado de só 11 mm, que lle confire unha comodidade destacada para o uso diario.

A súa pantalla AMOLED de 1,85 polgadas, máis grande que a do modelo anterior, mellora a experiencia visual grazas a unha resolución de 450 x 390 píxeles e unha densidade de 322 ppp. Ademais, o panel alcanza un brillo máximo de 1.000 nits, asegurando unha boa visibilidade mesmo en condicións de luz intensa.

Un dos avances máis relevantes é o aumento da capacidade da batería, que agora chega aos 480 mAh, fronte aos 451 mAh da xeración anterior. Esta mellora promete unha autonomía teórica de até 15 días, unha característica clave que supón un salto cualitativo respecto aos 9 días de uso real do modelo previo.

O Honor Watch 5 tamén incorpora a nova tecnoloxía AccuTrack, que incrementa a precisión do sistema de GPS, sendo especialmente útil para actividades ao aire libre como o sendeirismo ou o running. A conectividade amplíase grazas á compatibilidade con versións de Android 9.0 ou superior e iOS 12.0 ou superior, o que garante a integración coa práctica totalidade dos dispositivos que hai no mercado.

Dispoñibilidade e prezo do Honor Watch 5

O Honor Watch 5 conta con resistencia á auga de até 5 ATM, e está dispoñible en tres acabados —negro, dourado e verde—, cun prezo oficial de 149 euros para os dous primeiros e 169 euros para o modelo verde, que inclúe unha correa de maior calidade. Porén, en tendas como Amazon está dispoñíbel o modelo verde por 139 €.

Con estes prezos, o Honor Watch 5 posicionase como unha ferramenta completa e accesíbel, dirixida a usuarias que buscan un equilibrio entre deseño, autonomía e funcionalidades avanzadas nun dispositivo de prezo contido.

Sobre o autor

Reply