Coa chegada da tempada do Nadal, os restaurantes enfrontan un aumento significativo de clientela, especialmente con ceas de empresa e encontros familiares. Nesta situación, ofrecer opcións de pago rápidas e seguras convértese nunha prioridade para moitos negocios.
Segundo a enquisa “Métodos de pago: a decisión definitiva” de PaynoPain, o 66 % das usuarias do Estado español prefiren pagar co smartphone a través de wallets como Google Wallet ou Apple Pay. Un dato que reflicte unha realidade cada vez máis evidente: a dixitalización dos pagos é clave para a satisfacción da clientela.
Contactless e códigos QR, as opcións máis demandadas
Ademais dos pagos con smartphones, outras tecnoloxías están a gañar terreo. Segundo a mesma enquisa, o 24,9 % das usuarias optan polos pagos contactless con tarxetas e un 18,3 % prefire os pagos mediante códigos QR, como os que ofrecen algúns servizos de pago, especialmente en apps de establecementos. Estas cifras deixan claro que os restaurantes que non incorporen estas alternativas corren o risco de quedar atrás fronte á competencia.
En contraste, métodos máis tradicionais como o pago en efectivo seguen a perder popularidade, sendo a opción de tan só o 10 % das persoas enquisadas. Isto pon de manifesto a urxencia de adaptarse ás novas demandas para garantir unha experiencia áxil e moderna.
Os tres erros que poden lastrar un restaurante
Segundo apunta PaynoPain, os establecementos que non adopten tecnoloxías de pago actualizadas están expostos a cometer erros que impactan directamente na súa competitividade.
O primeiro é a insatisfacción de non ter un sistema de pago áxil, algo que se pode suplir con ferramentas que transforman smartphones en datáfonos, como Tap to Pay. Por outra banda está a seguridade, algo que resulta prioritario para o 67% das usuarias, e, por último, a falta de adaptación ao mercado: a versatilidade nas opcións de pago é un factor decisivo.
