Novos Motorola moto g15 e moto g05, con pantallas brillantes e batería de longa duración

Motorola vén de reforzar a súa xa icónica serie Moto G con dous novos dispositivos: o moto g15 e o moto g05. Dous equipos deseñados para ofrecer o equilibrio entre rendemento, características avanzadas e prezo competitivo. Ambos modelos destacan polas súas pantallas ultrabrillantes, cámaras versátiles e baterías de gran capacidade, converténdose nunhas interesantes opcións para usuarias que buscan unha experiencia de alta calidade sen gastar de máis.

Moto g15

O moto g15 destaca pola súa pantalla Full HD+ de 6,7 polgadas, que destaca polo seu brillo para visualizar contidos mesmo en plena luz solar. Este modelo inclúe un sistema de son premium con altofalantes estéreo compatíbeis con Dolby Atmos e tecnoloxía Bass Boost, o que proporciona unha experiencia de audio envolvente e uns graves potentes, ideais para series, películas ou videoxogos.

No apartado fotográfico, o dispositivo conta cunha cámara principal de 50 MP con tecnoloxía Quad Pixel, que mellora a nitidez en condicións de baixa luz. Ademais, o sensor ultra gran angular permite capturar máis elementos en cada toma, sendo perfecto para paisaxes ou fotografías grupais.

A súa batería de 5.200 mAh garante unha autonomía para todo o día, mentres que a carga rápida TurboPower asegura que recargar o dispositivo sexa rápido e sinxelo.

Moto g05

Pola súa banda, o moto g05 destaca pola súa pantalla ultrabrillante, a máis destacada da súa categoría, cunha taxa de refresco de 90 Hz para unha experiencia máis fluída. Este modelo tamén incorpora altavoces estéreo con Dolby Atmos e Bass Boost, o que asegura un son inmersivo e de gran calidade.

En canto á foto, o moto g05 vén equipado cun sistema de cámara de 50 MP con tecnoloxía Quad Pixel e funcionalidades avanzadas de intelixencia artificial, como o modo visión nocturna e o modo retrato, que permiten obter imaxes nítidas en exteriores e retratos case profesionais.

O procesador eficiente e a tecnoloxía RAM Boost aseguran unha multitarefa áxil e un rendemento excelente, mesmo con varias aplicacións abertas.

Android 15 e funcións de seguridade

Ambos modelos inclúen a última versión de Android 15, que melloran a privacidade, a seguridade e a personalización dos dispositivos.

Ademais, veñen con ThinkShield for Mobile e Moto Secure, garantindo unha protección avanzada para as usuarias.

Dispoñibilidade e prezo

Os moto g15 e moto g05 estarán dispoñíbeis no noso país nas próximas semanas a través da tenda oficial de Motorola e outros distribuidores. Aínda que os prezos oficiais non se anunciaron, todo apunta a que seguirán a estratexia da serie Moto G, ofrecendo dispositivos con prestacións premium a prezos altamente competitivos.

Con estes lanzamentos, Motorola reafirma o seu compromiso de ofrecer smartphones accesíbeis e completos, adaptados ás necesidades da meirande parte das usuarias.

Sobre o autor

Reply