Fibra, 2 móbiles e todo o fútbol por 44,90 €: a oferta de Movistar exclusiva para clientes Vodafone

A guerra de tarifas entre operadoras volve estar máis viva ca nunca, coa irrupción de estratexias agresivas para captar clientes e recuperar posicións no mercado. Tras un período de estabilización, no que as marcas apostaron pola consolidación e a fidelización, a competencia reavíase con ofertas renovadas. Os últimos protagonistas desta historia son Movistar e Vodafone.

A Vodafone parece estarlle funcionando moi ben o plan no que ofrece, por 47 € iniciais, fibra de 600 Mbps, 2 móbiles con 100 GB cada unha de datos 5G e Vodafone TV coas catro principais plataformas de televisión incluídas: Netflix, Amazon Prime, Max e Disney+. Unha oferta que segue sendo atractiva logo dos 3 meses de promoción, cando pasa a ter un prezo definitivo de 68 €/mes.

A alternativa de Movistar para clientes Vodafone

Movistar plantexouse entrar na guerra con Vodafone cunha proposta exclusiva para usuarias da compañía vermella. Unha oferta só visíbel na súa web para IPs de Vodafone, e permite desfrutar por 44,90 €/mes durante un ano e sen permanencia dunha tarifa que custa 134,90 €/mes.

Este plan inclúe:

  • Fibra simétrica de 600 Mbps.
  • 2 liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 35 GB de datos 5G.
  • TV Movistar Plus+ con paquetes Ficción Total (Max, SkyShowtime, Apple TV e canles exclusivas) e Fútbol Total (LaLiga EA Sports, LaLiga Hypermotion, Copa del Rey, UEFA Champions League, UEFA Europa League, UEFA Conference League, Liga F e ligas internacionais.

A promoción está dispoñíbel a través da páxina web de Movistar, mais só accesíbel desde IPs pertencentes á rede de Vodafone, que inclúe ás usuarias da propia Vodafone e outras marcas como Lowi e Finetwork, que empregan a mesma rede fixa.

Sobre o autor

Reply