Xa hai data de presentación para o OnePlus 13. O novo dispositivo de OnePlus celebrará este importante evento no marco do seu 11º aniversario, mantendo o seu mantra “Never Settle” e introducindo un dispositivo que, tal e como foi avanzando, combinará o deseño premium, potencia e innovación impulsada mediante intelixencia artificial.
O novo OnePlus 13 chegará cunha estética que combina varias cores e acabados:
- Black Eclipse: cristal de gran de palisandro negro que ofrece unha textura elegante e sofisticada.
- Arctic Dawn: cristal pioneiro no sector, resistente ás pegadas dixitais, cun acabado suave ao tacto.
- Midnight Ocean: a gran novidade, un acabado de pel vegana de microfibra, que combina luxo e resistencia a arañazos e rozaduras.
Estes deseños destacarán tamén pola súa durabilidade ao paso do tempo, o que permitirá desfrutar do dispositivo durante toda a súa vida útil cun desgaste mínimo. Unha resistencia que tamén consegue grazas á dobre certificación IP68 e IP69, que garanten aprotección contra auga e po.
En termos de potencia, o novo OnePlus integra o chip Qualcomm Snapdragon 8 Elite, deseñado para afrontar as tarefas máis esixentes con fluidez. A súa pantalla ProXDR, con resolución 2K e brillo máximo de 4500 nits, é primeiro con calificación A++ de DisplayMate, e ofrecerá cores vibrantes, nitidez e unha frecuencia de actualización variábel de 1 a 120 Hz.
Como sistema operativo, a nova familia OnePlus 13 incluirá OxygenOS 15, baseado en Android 15, con experiencias vitaminadas con intelixencia artificial. Entre elas, OnePlus adianta Intelligent Search (busca en arquivos locais mediante instrucións sinxelas) ou ferramentas de fotografía, para optimizar imaxes.
Novos auriculares OnePlus Buds Pro 3
Xunto coa nova familia OnePlus 13, o fabricante presentará unha nova versión dos seus auriculares insignia, os OnePlus Buds Pro 3, en cor azul zafiro. Estes auriculares complementan o OnePlus 13 Midnight Ocean e inclúen unha funcionalidade de tradución con IA, ideal para mellorar a comunicación no día a día.
Lanzamento o 7 de xaneiro e eventos locais en varias cidades de Europa
A presentación da nova familia OnePlus 13 será, como xa adiantamos, o próximo 7 de xaneiro nun evento global. Ademais, OnePlus organizará eventos Pop-Up en varias cidades europeas, entre elas Madrid, o 12 de xaneiro. Estes eventos locais permitirán experimentar co novo OnePlus 13 e os OnePlus Buds Pro 3, ademais de conseguir agasallos.
A medida que se achega o lanzamento, a expectación polos novos produtos de OnePlus aumenta, e todo apunta a que a marca seguirá adiantando novos detalles nos próximos días.