Motorola saca peito do seu compromiso coa seguridade das usuarias ao converterse nun dos primeiros fabricantes en implementar Android 15 nos seus dispositivos. Con este lanzamento, a marca presenta novas e potentes ferramentas, como o bloqueo con detección de roubo baseada en intelixencia artificial (IA), que consolidan os seus smartphones como algúns dos máis seguros do mercado.
Moto Secure: unha app para unha protección integral
Un dos elementos base desta actulización é Moto Secure, unha aplicación desenvolvida para axudar ás usuarias a aproveitar ao máximo as capacidades de seguridade dos seus dispositivos. Esta solución, alimentada pola plataforma ThinkShield, combina protección en hardware, software e cadea de subministración para salvagardar ás usuarias fronte ao malware, phishing e outras ameazas dixitais.
Entre as funcións exclusivas de Moto Secure destacan:
- Bloqueo automático para localizacións seguras: Permite protexer o dispositivo segundo a súa localización.
- Detección de malware e phishing baseada en IA: Asegura unha resposta rápida e eficaz fronte a posibles ameazas.
- Acceso rápido a axustes clave de seguridade: As usuarias poden xestionar facilmente as súas preferencias e protección.
Motorola tamén reforza a seguridade cun completo conxunto de ferramentas antirroubo de Android 15, que buscan tanto disuadir aos ladróns como protexer os datos das usuarias. Entre as funcións máis destacadas están:
- Bloqueo por detección de roubo: Grazas á IA, o dispositivo identifica movementos sospeitosos e bloquea automaticamente o acceso.
- Bloqueo tras intentos fallidos de inicio de sesión: Varios intentos incorrectos activan un bloqueo que require autenticación biométrica ou un PIN.
- Protección contra o restablecemento de fábrica: Mesmo se se intenta formatear o dispositivo, necesitarase a autenticación da propietaria.
- Bloqueo remoto: En caso de perda, as usuarias poden bloquear o dispositivo ao instante desde Android.com/lock sen necesidade de iniciar sesión.
Protección gratuíta
Motorola decidiu facer accesíbeis estas funcións de seguridade avanzadas de forma totalmente gratuíta para as usuarias de dispositivos compatíbeis con Android 15. A combinación de Moto Secure e a protección antirroubo garante unha tranquilidade sen precedentes, permitindo que as usuarias se centren no que realmente importa, sen preocupacións pola seguridade dos seus datos.
