Logo de ter sido anunciado a finais de outubro, Vivo vén de despregar o lanzamento global do seu último buque insignia, o X200 Pro. Un dispositivo co que o fabricante quere redefinir a experiencia das usuarias grazas a un innovador sistema de cámaras, que se completan cun rendemento excepcional e deseño elegante.
Cámaras da man de ZEISS
O seu sistema de cámaras foi desenvolvido en colaboración con ZEISS. O sensor principal ZEISS True Color de 50 MP complétase cunha cámara teleobjetivo ZEISS APO de 200 MP e cunha cámara ultra gran angular de 50 MP, ofrecendo unha calidade de imaxe que promete ser excepcional. A cámara teleobxectivo, cunha resolución de 200 MP, permite capturar detalles a longa distancia, mesmo en condicións de baixa luminosidade, grazas á súa capacidade para capturar seis tipos de teleobxetivos: HyperZoom, macro, retrato, paisaxes nocturnos, e solpores, entre outros.
Ademais, o modo Superpaisaxe mellorado permite ás usuarias capturar paisaxes con maior claridade, mentres que a gravación de vídeo en 4K HDR a 120 fps e a cámara lenta con Dolby Vision garanten unha experiencia cinematográfica superior.
Rendemento e autonomía
O vivo X200 Pro leva no seu interior o procesador MediaTek Dimensity 9400, que, xunto co procesador de imaxe V3+, ofrece un rendemento excepcional mesmo nos escenarios máis esixentes. Está ademais optimizado para manexar videoxogos de alta intensidade e tarefas multitarefa sen esforzo, grazas á súa GPU ARM Immortalis-G925 de 12 núcleos.
A batería do X200 Pro tamén é un punto forte, cunha capacidade de 6000 mAh e a tecnoloxía FlashCharge de 90W que garante unha carga ultrarrápida. Ademais, incorpora carga sen fíos de 30W, proporcionando flexibilidade. A pantalla, de 6,78 polgadas e resolución FHD+, acada os 4500 nits de brillo, facendo que a visualización en exteriores sexa máis nítida, mesmo con incidencia directa da luz.
Dispoñibilidade e prezo
O novo vivo X200 Pro xa está dispñíbel en prevenda online no noso país, polo de agora nunha única combinación de 16 + 512 GB e en cor dourada. O seu prezo é de 1.299 €, e inclúe de agasallo un cargador de 90W.
Está previsto que chegue ás tendas físicas en xaneiro de 2025.