Samsung xa ten todo listo para o seu gran evento anual de presentación de dispositivos. O próximo 22 de xaneiro, San José converterase no escenario principal do evento Galaxy Unpacked 2025, onde se presentará a nova serie Galaxy S. Un capítulo co que aspira a marcar un antes e un despois nas experiencias de intelixencia artificial (IA) móbil, ofrecendo innovacións que prometen transformar a comodidade e a funcionalidade na vida diaria dos usuarios.
Un evento centrado na evolución da IA móbil
As filtracións que fomos coñecendo apuntan a uns dispositivos que, malia integrar importantes novidades técnicas, terán na nova xeración de Galaxy AI o seu principal avance. Segundo Samsung, estas melloras non só facilitarán o uso dos dispositivos, senón que tamén redefinirán a nosa relación coa tecnoloxía a través de funcionalidades que optimizan cada interacción.
A serie Galaxy S25, que se desvelará no evento, buscará consolidar a súa posición como líder en innovación móbil. Con funcións melloradas de IA axéntica, deseño premium e unha integración perfecta cos dispositivos Galaxy, espérase que estableza novos estándares no mercado de smartphones.
Onde se poderá seguir o Galaxy Unpacked 2025
O evento retransmitirase en directo o 22 de xaneiro a través de samsung.com e da canle oficial de YouTube de Samsung. O horario será ás 19.00h, hora galega.