OnePlus sube o nivel cos novos OnePlus 13 e OnePlus 13R, os novos buque insignia da compañía

Tal e como fora adiantado, OnePlus anunciou onte novos smartphones, o OnePlus 13 e o OnePlus 13R. O primeiro chega para ser o novo modelo flagship da compañía, mentres que o segundo é unha versión que, mantendo varias das prestacións do modelo premium, recurta algunhas prestacións para reducir o seu prezo.

Ambos os dous modelos destacan especialmente no apartado da cámara, e por ofrecer novas experiencias de intelixencia artificial (IA) impulsadas por Oxygen 15, a nova versión do sistema operativo que emprega OnePlus, baseado en Android 15.

OnePlus 13: as mellores prestacións e un deseño premium

O OnePlus 13 conta cunha folla de especificacións de primeiro nivel, a comezar pola súa pantalla. Trátase dun panel QHD+ (2K) ProXDR de 120 Hz, que ademais é a primeira pantalla en recibir a calificación A++ en DisplayMate. No seu interior atopámonos co procesador Qualcomm Snapdragon 8 Elite, que inclúe a CPU personalizada Qualcomm Oryon. E, xunto este, dúas configuracións de memorias para RAM e capacidade interna: 12 + 256 GB e 16 + 512 GB.

O apartado fotográfico merece mención á parte. Aquí destaca a colaboración con Hasselblad,e inclúe unha cámara principal de 50 MP con sensor Sony LYT-808 e estabilización óptica de imaxe (OIS), unha cámara telefono tetraprisma de 50 MP con OIS e unha cámara ultra angular de 50 MP. O fabricante destaca a incorporación dun algoritmo de dobre exposición, que permite lograr imaxes nítidas mesmo con imaxes en movementos, así como a inclusión dos modos Clear Burst (para disparos ocntinuos de alta velocidade) e Action Mode (para capturar obxectos en movemento rápido).

En canto a software, OxygenOS 15 destaca polas súas animacións fluídas e ferramentas de produtividade baseadas en intelixencia artificial, con funcionalidades como as que se detallan a continuación:

  • Intelligent Search procesa linguaxe natural para buscar entre arquivos locais;
  • Circle to Search de Google permite buscas rápidas sobre capturas de pantalla;
  • PassScan con Google Wallet simplifica as viaxes;
  • AI Notes permite a creación de resumos de notas cun só toque;
  • AI Translation permite a tradución fluída en tempo real en máis de 10 idiomas;
  • AI Detail Boost para restaurar imaxes de baixa calidade a alta resolucion; e
  • AI Reflection Eraser para eliminar reflexos das imaxes.

Unha batería de 6.000 mAh de capacidade (con carga rápida SuperVOOC de 100W e carga sen fíos AIRVOOC de 50W capaz de cargar o teléfono sen cables en 75 minutos), resistencia á auga e pó segundo o estándar IP68 + IP69 e o lector de pegadas baixo a pantalla, son outros dos puntos destacados deste modelo deseñado para sorprender ao público.

OnePlus 13R, rendemento optimizado a un prezo máis contido

O OnePlus 13R é unha alternativa máis económica, que aínda así non descarta a contar cunha interesante folla de características. Nela destaca o procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3, até 12 GB de RAM e unha pantalla ProXDR de 6,78 polgadas e resolución 1.5K.

Non desmerece tampouco en capacidade de batería (6.000 mAh) nin velocidade de carga (80W). Tampouco en cámara, onde aposta por unha configuración de triple cámara formada por unha principal de 50 MP, unha cámara retrato de 50 MP e un gran angular de 8 MP.

Dispoñibilidade e prezo

O OnePlus 13 está dispoñíbel en tres acabados: Black Eclipse (fabricado en cristal); Midnight Ocean (emprega un coiro vegano de microbfibra) e Arctic Dawen (presenta un recubrimento de vidro sedoso e resistente ás pegadas dixitais).

Pódese adquirir por 1029 € na versión de 12 GB + 256 GB, e por 1179 € na de 16 + 512 GB a través da web de OnePlus e en Amazon.es, FNAC, El Corte Inglés e PC Componentes.

Como promoción de benvida, as primeiras compradoras recibirán un desconto de 100 € na versión de 16 + 512 GB e un regalo complementario, como un altofalante Bluetooth B&= Beosound Explore, OnePlus Watch 2R, OnePlus Buds Pro 3 ou o cargador SuperVOOC de 120W.

Pola súa banda, o OnePlus 13R chega o 14 de xaneiro en dous acabados (Nebula Noir e Astral Trail) por 749 euros na web de OnePlus, así como en Amazon, FNAC, El Corte Inglés e PC Componentes. Como promoción de benvida, na web de OnePlus as compras virán con regalo a elixir, entre un OnePlus Watch 23, OnePlus buds Pro 3 ou unha funda de protección.

En ambos os casos, as compradoras poden aproveitar un desconto adicional de 50 € por canxear un antigo smartphone ou un 10% extra para o estudantado.

Sobre o autor

Reply