TCL aproveitou un ano máis o seu paso polo CES 2025 para presentar novos dispositivos, entre os que destaca a súa nova tablet TCL NXTPAPER 11 Plus. É a primeira en incorporar a tecnoloxía NXTPAPER 4.0, reeafirmando o seu compromiso por innovar no ámbito da comodidade visual e a personalización. Con este lanzamento, o fabricante quere mellorar significativamente a experiencia dixital, ofrecendo un rendemento e unha claridade diferenciais, ao tempo que volve poñer o foco no benestar visual das usuarias.
Tecnoloxía NXTPAPER 4.0 para coidar a vista
O punto diferencial da nova TCL NXTPAPER 11 Plus é a súa revolucionaria pantalla NXTPAPER 4.0, que simula a sensación de ler en papel real ao mesmo tempo que reduce de forma notábel a fatiga ocular. Grazas a melloras tecnolóxicas como a Luz Polarizada Circular (CPL) e o sistema de purificación da luz azul, a pantalla ofrece unha reprodución precisa da luz natural, converténdose na elección perfecta tanto para traballar como para momentos de lecer.
- Claridade e precisión: a tecnoloxía litográfica de nanomatriz mellora a nitidez da pantalla, con precisión de cores ΔE<1 e cobertura do 100% da gama de cores sRGB.
- Funcións de personalización: modos avanzados de confort ocular potenciados por IA, como o Modo Confort Ocular Intelixente e o Modo Confort Ocular Personalizado, que se adaptan ás preferencias e hábitos dos usuarios para garantir unha experiencia dixital agradable e segura.
- Certificación global: avalada por organizacións como TÜV, SGS e Eyesafe, esta tecnoloxía está deseñada para minimizar o impacto visual de longas horas de uso.
A nova tablet non só mellora a experiencia visual, senón que tamén ofrece funcións innovadoras que fan dela fan unha ferramenta versátil. A súa pantalla é de 11,5 polgadas, con resolución 2,2K, taxa de refresco de 120 Hz e brillo de 550 nits, asegurando un alto grao de nitidez e unha boa experiencia tanto en interiores como en exteriores.
É compatíbel tamén cun lapis dixital, o T-Pen, ideal para aquelas usuarias que queren facer uso dun dispositivo destas características para tarefas de debuxo, toma de notas ou edición creativa. Ademais, incorpora a tecla NXTPAPER Key, que ofrece un acceso directo personalizábel para funcións de IA e aplicacións frecuentes: asistente de redacción, tradución e resumo de documentos ou traducións en tempo real de texto, voz ou imaxes.
Dispoñibilidade da TCL NXTPAPER 11 Plus
Dese tanto para o traballo como para o lecer, a TCL NXTPAPER 11 Plus promete ser unha opción destacada para profesionais, estudantes e consumidores habituais de contido dixital.
Estará dispoñíbel en Europa ao longo de 2025, e TCL anunciará proximamente os seus prezos oficiais para o mercado galego. Ademais, a marca xa traballa en novos dispositivos que integrarán a tecnoloxía NXTPAPER 4.0, consolidándose como unha das empresas que máis apostan pola innovación tecnolóxica en comodidade visual.