Bosch achega no CES as súas solucións baseadas en IA para mellorar o día a día

Bosch acudiu ao CES de Las Vegas coa maleta chea de novas solucións pensadas para facer o día a día máis cómodo e eficiente para as usuarias. Poñendo o foco na Intelixencia Artificial (IA), a compañía anunciou novidades en campos tan diversos como o da mobilidade, os fogares ou a saúde.

A empresa destacou que o software e os servizos dixitais son xa parte esencial do negocio da compañía. De feito, Bosch prognosticou que prevé superar os 4.000 millóns de euros en vendas de software e servizos dixitais a principios da próxima década. A IA, presente en todos os produtos da compañía ou no seu proceso de produción, lidera esta transformación grazas a 1.500 patentes rexistradas en só cinco anos e ao traballo de preto de 5.000 especialistas en IA.

Mobilidade definida polo software

Bosch presentou avances que redefinen a experiencia na automoción:

  • Conducción asistida e automatizada: A cámara multifunción MPC3, en produción desde 2019, combina IA e algoritmos convencionais para identificar obxectos, manter o coche no seu carril e mellorar a seguridade viaria.
  • Frenado intelixente: Unha nova función permite frear suavemente en situacións de tráfico lento, mellorando o confort dos condutores e reducindo o mareo nos pasaxeiros.
  • IA xerativa: Esta tecnoloxía permite adestrar sistemas de conducción automatizada con maior rapidez, simulando condicións como neve sen depender do clima real.

Hogares intelixentes e saudábeis

Bosch aposta por mellorar o benestar nos fogares mediante a tecnoloxía:

  • Cuna intelixente Revol: Premiada no CES Innovation Award, ofrece monitorización avanzada para coidar dos bebés. A cuna supervisa a frecuencia cardíaca, detecta obstrucións faciais e analiza os patróns de sono.
  • Forno Serie 8: Equipado con sensores e IA, recoñece ata 80 pratos diferentes, axustando automaticamente o método de cocción e a temperatura óptima.
  • Sistema antirroubo Battery Lock para eBikes: Bloquea a batería dixitalmente usando o smartphone como chave e, grazas a Range Control con IA, optimiza o consumo de enerxía en función das rutas.

Sensores MEMS: Pezas clave da vida dixital

Os sensores microelectromecánicos (MEMS) de Bosch están presentes en dispositivos cotiáns como smartphones, eBikes e smartwatches. Estas pequenas pezas permiten funcións como xirar pantallas, contar pasos ou activar asistentes de voz.

Entre os seus avances destacados están a intelixencia integrada, sendo capaces de recoñecer movementos e actividades físicas sen necesidade de conexión á nube; e un menor consumo de enerxía.

Segundo o instituto Yole Group, Bosch lidera o mercado MEMS por cuarto ano consecutivo e planea producir 10.000 millóns de sensores MEMS con IA ata 2030.

Un futuro impulsado polo software e a IA

Con estas innovacións presentadas por Bosch no CES 2025, a compañía pretende non só melloran a vida das persoas, senón tamén establecer novos estándares en sectores como a automoción, a saúde e a tecnoloxía de consumo.

Coa IA e o software no centro da súa estratexia, Bosch aspira a consolidarse como unha das empresas líderes na creación de solucións tecnolóxicas que fan da vida cotiá unha experiencia máis segura, eficiente e conectada.

Sobre o autor

Reply