Xiaomi comeza o ano con novidades, entre elas a nova serie Redmi Note 14, unha liña de dispositivos que combinan innovación tecnolóxica, durabilidade e fotografía. A serie inclúe cinco modelos que satisfacen diferentes necesidades: Redmi Note 14 Pro+ 5G, Redmi Note 14 Pro 5G, Redmi Note 14 Pro, Redmi Note 14 5G e Redmi Note 14.
Fotografía superior ao alcance de todas
Os modelos desta serie están equipados con sistemas de cámaras AI avanzados. As versións Pro destacan cunha cámara de 200 MP con estabilización óptica de imaxe (OIS), permitíndote capturar cada detalle con nitidez e profundidade. Ademais, as funcións creativas como Dynamic Shots e Dual Video maximizan as posibilidades fotográficas. Os modelos máis accesíbeis, como o Redmi Note 14 e o 14 5G, inclúen unha cámara de 108 MP que ofrece imaxes de alta calidade.
A cámara frontal tamén mellorou en toda a serie, con opcións de até 32 MP nos modelos Pro. Estas cámaras permiten selfies máis amplos grazas ao zoom gran angular de 0,8x.
Resistencia para o día a día
Deseñados para durar, os dispositivos contan con estruturas robustas como All-Star Armor Structure. Os modelos superiores incorporan Gorilla Glass Victus 2 para maior protección contra raiaduras e pequenos golpes.
Ademais, a resistencia a líquidos varía entre IP68 nos modelos Pro+ 5G e Pro 5G e IP54 no Redmi Note 14.
Rendemento e pantallas inmersivas
Os dispositivos están equipados con procesadores que inclúen o Snapdragon 7s Gen 3 no modelo Pro+ 5G, garantindo un rendemento fluído en multitarefa e xogos. As baterías, de até 5500 mAh. ofrecen autonomía para todo o día, con carga rápida de ata 120W nos modelos máis premium.
Se falamos de pantallas, atopamos paneis de 120 Hz, o que fai que a serie Redmi Note 14 ofreza unha experiencia de visualización vibrante e cómoda. Certificacións como TÜV Rheinland Low Blue Light garanten menor fatiga ocular, mentres que o brillo de até 3000 nits nos modelos Pro fai que sexan apropiados para exteriores.
Dispoñibilidade e prezo
Os dispositivos desta serie estarán dispoñíbeis no noso país desde o 15 de xaneiro a través de mi.com/es:
- Redmi Note 14 Pro+ 5G: Desde 479 €, en cores negro, lilá e azul.
- Redmi Note 14 Pro 5G: Desde 399 €, en negro, violeta e verde coral.
- Redmi Note 14 Pro: Desde 349 €, en negro, morado e azul.
- Redmi Note 14 5G: Desde 299 €, en negro, lilá e verde coral.
- Redmi Note 14: Desde 229 €, en negro, morado, azul e verde lima.
Máis información: mi.com