Digi volve erixirse un ano máis como a rede máis rápida

DIGI vén de ser novamente galardoada como a rede de fibra máis rápida do Estado nos premios Ookla Speedtest Awards, unha das distincións máis prestixiosas no ámbito das telecomunicacións. Este recoñecemento, que DIGI mantén de forma ininterrompida desde 2021, reforza a súa posición como líder na prestación de servizos de conectividade fixa.

No segundo semestre de 2024, os datos recollidos por Speedtest, a plataforma de medición de velocidade, outorgaron a DIGI unha puntuación de 351,75 no Speed Score, superando o seu propio rexistro do semestre anterior. Este índice mide o rendemento das redes de banda ancha fixa baseándose nas velocidades de descarga e carga reportadas polas usuarias.

Ademais, os informes destacan a baixa latencia da rede de DIGI, o que garante unha experiencia de navegación óptima para actividades esixentes como streaming, gaming online, videoconferencias ou teletraballo.

Sobre o autor

Reply