Vodafone recupera temporalmente a súa tarifa de 10 €/mes

Sen facerlle moita publicidade, Vodafone vén de recuperar a súa tarifa de 10 €/mes, unha das opcións máis completas para quen busca só unha liña móbil. Esta oferta, que destaca polo seu prezo axustado, estará dispoñíbel por un tempo limitado, polo que quen poida estar interesada debe aproveitar a oportunidade.

25 GB de datos e posibilidade dunha segunda liña ao 50%

Esta tarifa de móbil inclúe as seguintes características:

  • 25 GB de datos 5G (navegación a 128 kbps ao consumir estes datos).
  • Chamada ilimitadas a destinos fixos e móbiles estatais.
  • SMS ilimitados a destinos estatais.
  • Roaming na Unión Europea, Noruega, Islandia, Liechtenstein, Suíza e Reino Unido.

O servizo non ten permanencia, e permite engadir unha segunda co 50% de desconto, polo que podemos ter dúas liñas coas mesmas características por 15 € ao mes.

Servizos complementarios

Aquela persoas que queiran complementar a súa liña poden contratar tamén servizos avanzados, como MultiSIM OneNumber por 5 €/mes ou a solución de seguridade Secure Net, por 1 €/mes.

Quen, pola contra, prefira engadir servizos de streaming ten á súa disposición a posibilidade de engadilos para pagalos a través da factura de Vodafone. Entre estes servizos dispoñíbeis están Netflix (6,99 €/mes), Prime Video (4 €/mes), Disney+ (10 €/mes), DAZN (19,99 €/mes), Filmin (5 €/mes) ou YouTube Premium (11,99 €/mes).

Sobre o autor

Reply