OnePlus anunciou one a chegada oficial do OnePlus 13R ao noso país, dispoñíbel para a súa compra a través da web oficial da marca, FNAC e PC Componentes. Este modelo, parte da serie OnePlus 13, combina rendemento de alta gama, funcións avanzadas de intelixencia artificial e unha experiencia de usuario única.
Equipado co procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3, o OnePlus 13R ofrece unha experiencia rápida e eficiente en todas as tarefas. A súa memoria RAM de 12 GB e o almacenamento de alta velocidade permiten un multitarefa fluído e cambios rápidos entre aplicacións sen interrupcións.
O OnePlus 13R inclúe un sistema de triple cámara cun algoritmo de dobre exposición, herdado do OnePlus 13, para capturar imaxes nítidas mesmo en condicións de pouca luz ou con suxeitos en movemento. Ademais, o seu zoom integrado no sensor permite sacar fotografías detalladas con até 4x aumentos sen perder calidade.
O smartphone conta cunha pantalla plana ProXDR de 6,78 polgadas con resolución 1,5K e unha taxa de refresco de ata 120 Hz. Esta pantalla incorpora protección Gorilla Glass 7i de Corning e tecnoloxías innovadoras como Aqua Touch 2.0 e Glove Touch, que permiten un uso óptimo mesmo con dedos mollados ou luvas.
Con unha batería de 6.000 mAh de celda única, o OnePlus 13R asegura unha duración prolongada, mentres que a súa carga rápida SuperVOOC de 80 W permite recuperar enerxía en pouco tempo.
Prezo e dispoñibilidade
O OnePlus 13R xa está dispoñíbel no noso paísa un prezo de 769 €. Como oferta de lanzamento, OnePlus ofrece unha serie de vantaxes tanto na web oficial como nos puntos de venda autorizados:
- Regalos exclusivos: As usuarias que merquen o OnePlus 13R en OnePlus.com recibirán como agasallo un OnePlus Watch 2R, uns OnePlus Buds Pro 3 ou unha funda, dispoñibles até esgotar existencias.
- Descontos para o estudantado: Un 10% adicional en compras realizadas por estudantes.
- Programa de intercambio: As usuarias que entreguen o seu anterior smartphone obterán un crédito adicional de 50 € xunto ao valor do dispositivo antigo.