Lowi cumpre o prometido: máis datos sen pagar máis

Tal e como adiantamos hai uns días, Lowi comeza o 2025 con forza, reafirmando o seu compromiso coa satisfacción da súa clientela. Desde hoxe (e non desde o día 1, como comentaramos), as usuarias verán aumentados os datos das súas tarifas móbiles e converxentes entre 5 e 50 GB ao mes, sen ter que facer nada e, o mellor de todo, sen que os prezos suban.

Máis datos para todas

Con esta actualización, Lowi ofrece agora unha franquía de datos maior sen custo adicional. Así quedan as novas tarifas:

  • De 25GB a 30GB (+5GB).
  • De 40GB a 70GB (+30GB).
  • De 125GB a 150GB (+25GB).
  • De 250GB a 300GB (+50GB).

A mellora aplícase de forma automática, polo que tanto a clientela actual como as novas usuarias poderán beneficiarse destas condicións desde o primeiro momento. As usuarias poderán consultar o seu novo volume de datos a través da app Mi Lowi, recoñecida como unha das máis intuitivas e áxiles do mercado.

Destacar nun mercado cada vez máis competitivo

Con movementos coma este, Lowi destaca nun mercado cada vez máis competitivo. A súa aposta pola calidade e a satisfacción consolídase, demostrando que non é necesario complicar as tarifas para ofrecer servizos atractivos e accesíbeis.

Sobre o autor

Reply