Comezan as probas de Starlink Direct to Cell: cobertura móbil directamente desde o satélite

Como xa se foi avanzando nas últimas semanas, SpaceX continúa co desenvolvemento do seu servizo de conectividade móbil desde o satélite. O proxecto Starlink Direct to Cell (DTC) promete eliminar as zonas sen cobertura do planeta, cunha solución tecnolóxica que transforma os satélites en entenas móbiles. Deste modo, pode proporcionar cobertura 4G/LTE mesmo nos lugares máis remotos do planeta.

Logo de ter recibido a autorización da Comisión Federal de Comunicacións dos Estados Unidos (FCC), SpaceX realizará unha proba experimental ata xullo deste 2025. Durante este período, a compañía avaliará o rendemento desta nova infraestrutura e prepararase o despregamento completo e comercial.

Starlink DTC chega cun alcance inicial 10 veces superior ao da súa competencia. Isto débese á capacidade única de SpaceX para lanzar lotes semanais de satélites grazas aos seus foguetes reutilizábeis Falcon 9. Actualmente, a empresa de Elon Musk é responsable do 80% da masa lanzada a órbita baixa, con preto de 7.000 satélites despregados.

Os satélites DTC non só proporcionarán Internet de banda larga, senón que tamén ofrecerán cobertura móbil directamente a smartphones mediante frecuencias estándar de LTE/4G, grazas a acordos con operadores como T-Mobile en Estados Unidos ou Entel en Chile. A conexión con teléfonos realizarase sen necesidade de accesorios adicionais, integrándose perfectamente co resto da constelación Starlink.

Sobre o autor

Reply