Telefónica inaugura na antiga central do Calvario (Vigo) o seu novo Centro de Talento e Tecnoloxía

Telefónica inaugurou onte en Vigo do seu novo Centro de Talento e Tecnoloxía, unha infraestrutura coa que a compañía pretende situar á cidade galega no mapa internacional da ciberseguridade. Este centro, que xa conta cun centenar de profesionais, prestará servizos avanzados de protección dixital para PEMEs e grandes empresas tanto do Estado español como a nivel global.

O novo Centro de Talento e Tecnoloxía está situado na central de O Calvario, un edificio emblemático de 1.000 m² que foi recentemente renovado, e dos que 250 m² están adicados a este proxecto. Desde aquí, Telefónica Tech reforzará os seus servizos de monitorización e seguridade dixital, complementando a actividade do seu Centro de Operacións Dixitais (DOC), con sedes en Madrid e Bogotá.

Entre os servizos que se ofrecerán desde Vigo destacan:

  • Conexión segura para empresas, para protexer a navegación e os dispositivos corporativos.
  • Clean Email, unha solución para blindar o correo electrónico ante ataques.
  • AntiDDoS, que prevén ataques de denegación de servizo distribuídos.
  • Security Device Management, para a xestión integral da seguridade en dispositivos.
  • Redes limpas, que permite filtrar o tráfico en tempo real.

Aposta polo talento local e colaboración coa Universidade de Vigo

Ademais de converterse nun referente da ciberseguridade, Telefónica quere que este novo centro sexa un viveiro de talento tecnolóxico. A compañía colaborará coas universidades galegas, especialmente coa Universidade de Vigo, para identificar e formar novos profesionais no sector dixital. De feito, nunha soa semana, os novos talentos que xa se incorporaron recibiron 200 horas de formación específica.

Segundo apuntou a compañía, o seu compromiso pasa por atraer e reter talento en Galiza, onde a súa división de ciberseguridade, Telefónica Tech, xa conta con máis de 60 persoas empregadas. A nivel global, a compañía suma 7.000 profesionais en máis de 60 países, dos cales 2.500 están especializados en ciberseguridade.

Coa inauguración deste centro en Vigo, Telefónica avanza na modernización da infraestrutura tecnolóxica que ten na cidade. A central de O Calvario, onde se ubica, foi transformada nunha cabeceira de fibra óptica que actualmente dá servizo a 80.000 fogares vigueses.

Sobre o autor

Reply