Másmóvil axusta tarifas tras moito tempo sen movementos

Tras unha boa tempada sen grandes movementos, MásMóvil volve á carga con novas tarifas incrementan a franquía de datos móbiles sen subir de prezo. A compañía, unha das marcas do Grupo MASORANGE, aposta por unha mellora que busca competir directamente con operadores como O2, Jazztel, Lowi ou Simyo.

Fibra e móbil con máis datos

Nos últimos meses, MásMóvil xa viña reforzando as súas tarifas con promocións temporais para a nova clientela. Pero agora o aumento de datos faise definitivo e afecta a todas as súas opcións de fibra e móbil. A compañía triplica os datos da súa tarifa máis económica, igualando así ás ofertas máis competitivas do mercado con 300 Mbps e 30 GB por arredor de 30 euros ao mes.

As novas condicións sitúan a MásMóvil como unha alternativa moi atractiva para aquelas persoas que buscan unha combinación equilibrada entre prezo, servizo e cobertura. Ademais, a fibra mantén unha velocidade de 300 ou 500 Mbps, con opcións de ata 1 Gbps por 10 euros máis ao mes.

MóbilFibra 500 MbpsFibra 1.000 Mbps (1 Gbps)
30 GB29,90 €/mes
*Neste plan a fibra é de 300 Mbps
39,90 €/mes
50 GB34,90 €/mes44,90 €/mes
100 GB39,90 €/mes49,90 €/mes
200 GB46,90 €/mes56,90 €/mes

Servizos adicionais: TV e liñas móbiles adicionais

MásMóvil tamén reforza a súa oferta con servizos de televisión e liñas móbiles adicionais:

  • Televisión: 40 canles premium por 6 €/mes, e un paquete de deportes con fútbol de Segunda División por outros 6 €/mes.
  • Liñas móbiles adicionais: desde 3 €/mes para chamadas ilimitadas e datos compartidos. Tamén se poden contratar liñas adicionais con 25, 45 ou 100 GB e chamadas por 5, 10 ou 12 €/mes, respectivamente.

Con esta renovación, MásMóvil quere volver situarse como unha opción competitiva no mercado medium-cost, apostando por máis datos sen subas de prezo e mantendo unha estrutura de tarifas clara e accesíbel.

Sobre o autor

Reply