Jabra potencia as reunións híbridas co novo PanaCast 40 VBS

Jabra continúa coa súa aposta polo ámbito empresarial coa presentación do PanaCast 40 VBS, a primeira barra de vídeo Android deseñada especificamente para salas de reunión pequenas. Este novo dispositivo, que foi presentado no ISE 2025 en Barcelona, chega para cubrir unha necesidade clave nas oficinas modernas: mellorar a experiencia de comunicación en espazos reducidos e facilitar a colaboración en ambientes híbridos.

Unha solución pensada para reunións máis produtivas

Actualmente, só o 3% das salas de reunións están equipadas con sistemas de vídeo, deixando espazos infrautilizados. Co obxectivo de solucionar este problema, Jabra PanaCast 40 VBS integra cámaras duais cun campo de visión de 180º, permitíndolle capturar toda a sala sen puntos cegos. Ademais, incorpora Zoom dixital e tecnoloxía avanzada de combinación de imaxes, garantindo unha experiencia de videoconferencia envolvente e profesional.

A nivel de son, a nova barra de vídeo de Jabra destaca polos seus seis micrófonos con tecnoloxía Beamforming, que captan a voz con gran precisión, reducindo o ruído ambiental. Complementa estas prestacións cun altavoz de alta calidade, asegurando que todas as participantes, tanto fisicamente como en remoto, gocen dunha comunicación clara e natural.

Fácil instalación e compatibilidade total

Un dos puntos fortes do PanaCast 40 VBS é a súa instalación rápida e intuitiva. Sen necesidade de configuración avanzada, a barra de vídeo pode estar operativa en segundos, incluíndo un sistema de enrutamento de cables simplificado que optimiza o proceso de montaxe.

Ademais, é totalmente compatíbel con aplicacións como Microsoft Teams, Zoom e BYOD, garantindo unha integración sen complicacións.

Outras características destacadas inclúen:

  • Modo de configuración intelixente para axustar os límites da imaxe en espazos con paredes de cristal ou oficinas abertas.
  • Accesorios complementarios, como un control táctil e unha placa frontal extraíbel para facilitar a limpeza.
  • Integración co software Jabra+, que asegura actualizacións constantes e unha xestión eficiente

Jabra: aposta pola IA e a seguridade empresarial

Jabra tamén aproveitou a súa presenza no ISE 2025 para destacar o papel da Intelixencia Artificial (IA) na produtividade empresarial. As súas solucións de audio e vídeo, como os auriculares Jabra Evolve2 e Engage, alcanzan unha precisión de transcrición do 97%, permitindo funcionalidades avanzadas como resumos automáticos e transcricións en tempo real.

Ademais, a compañía anunciou actualizacións na súa barra de vídeo PanaCast 50 VBS, mellorando a seguridade e a experiencia de uso para os IT Managers. Entre as novidades destacan a configuración automática do plano de vídeo ou a migración á Microsoft Device Ecosystem Platform para refozar a compatibilidade con Teams.

Con esta nova incorporación á gama PanaCast, Jabra reforza a súa posición no ámbito das tecnoloxías de audio e vídeo, impulsando a transformación dixital nas empresas e preparando o camiño cara a un futuro onde a colaboración híbrida será esencial.

Sobre o autor

Reply