Digi TV xa está dispoñíbel en todo o Estado

O servizo de televisión de DIGI completa a súa expansión en todo o Estado español, permitindo que toda a súa clientela de fibra poida acceder a unha oferta que inclúe máis de 100 canles de cine, series, deportes por só 7 euros ao mes. Ademais, o operador vén de incorporar melloras significativas no servizo, como un novo decodificador con toma de antena e unha funcionalidade que permite lanzar contidos desde o móbil á Smart TV.

Máis de 100 canles e melloras de accesibilidade

DIGI TV ofrece máis de 100 canles das principais produtoras internacionais, como Disney, Warner, AMC, Sony ou SkyShowtime. O servizo ofrece contidos como cinema, series, deportes, documentais, música e novas, garantindo unha variedade de contidos que se adaptan aos diferentes gustos.

O servizo pode contratarse como un paquete combinado de televisión e fibra, partindo dos 17 € mensuais (10 € de fibra + 7 € do servizo de televisión), garantindo así un prezo accesíbel, especialmente nas áreas de cobertura propia.

Así mesmo, o servizo de DIGI TV inclúe tamén un novo decodificador con toma de antena, que permite seleccionar canles con maior rapidez e acceder a funcionalidades como pausar, adiantar ou retroceder os contidos. Ofrece tamén a posibilidade de enviar contidos desde o smartphone ou a tablet á televisión, e outras funcionalidades como o acceso aos últimos 7 días ou iniciar un programa desde o comezo.

En canto á aplicación, DIGI ten dispoñíbel na Play Store para móbiles e tablets Android; na App Store para dispositivos iPhone, iPad e tvOS; na Amazon App Store para o Amazon Fire TV e nas tendas de aplicacións das smart TV Samsung, LG e Android TV.

Como contratar DIGI TV

As usuarias de fibra DIGI poden contratar o servizo de televisión a través da web oficial de DIGI, no teléfono 1200 (642 642 642 se se chama desde outros operadores), no WhatsApp ou nos pundos de venda físicos de DIGI.

A operadora afirma que xa está a traballar para engadir máis canles e mellorar o servizo con novas funcionalidades que vai trasladando a súa clientela.

Sobre o autor

Reply