Fiberpass: Telefónica e Vodafone presentan a súa nova marca conxunta de fibra óptica

A nova sociedade de fibra de Telefónica España e Vodafone España, que comezará a operar en breve, xa ten nome: Fiberpass. O proxecto, anunciado en novembro de 2024, avanza segundo o previsto e contará con Pablo Ledesma como CEO, quen achega máis de 25 anos de experiencia en Telefónica.

Fiberpass será a marca comercial desta sociedade conxunta, coñecida como FiberCo, e terá como lema “Compartindo xuntos o futuro”. A súa misión será maximizar o uso da rede FTTH existente e optimizar a infraestrutura de fibra óptica para mellorar os servizos á clietela

O proxecto cubrirá 3,6 millóns de fogares e empresas en todo o Estado español, converténdose nunha peza clave na evolución das telecomunicacións no país.

Aprobación regulatoria e próximos pasos

A operación aínda está pendente das autorizacións necesarias, pero o Consello de Ministros xa deu luz verde á participación estranxeira de Vodafone España no proxecto. Espérase que o resto dos permisos vaian concedéndose en poucas semanas, permitindo que Fiberpass comece a operar oficialmente.

Con esta alianza, Telefónica e Vodafone buscan reforzar a súa presenza no mercado da fibra e garantir unha mellor conectividade para as usuarias.

Sobre o autor

Reply