Maxcom mRin MR100: o anel intelixente máis barato do mercado

Os anéis intelixentes convertéronse nunha das grandes tendencias no 2024, e apuntan a un novo ano de novidades. Despois do éxito de marcas como Oura, Samsung e Amazfit, agora chega unha alternativa moito máis accesíbel: o Maxcom mRin MR100. Trátase dun anel intelixente que ofrece múltiples funcionalidades -similares aos da competencia- a prezo imbatíbel.

O Maxcom mRin MR100 chega en tres cores (negro, dourado e prata) e está deseñado para monitorizar a nosa actividade física e saúde durante todo o día. Entre as súas funcionalidades destacan a medición do ritmo cardíaco en tempo real e o seguimento da variabilidade da frecuencia cardíaca (HRV); a medición do osíxeno en sangue (SpO2); o control da temperatura corporal ou a análise do sono e monitorización da respiración. Ademais, tamén é quen de contar pasos, distancia e calorías queimadas.

Fabricado en aceiro inoxidábel, material que lle outorga gran resistencia, ofrece 5 días de autonomía cunha soa carga e emprega un sistema de carga magnética para a súa recarga. Conéctase co smarphone empregando Bluetooth para sincronizar os datos e poder así revisar os parámetros recollidos a través da súa aplicación.

Dispoñibilidade e prezo do Maxcom mRin MR100

Se por algo destaca o Maxcom mRin MR100 é polo seu prezo. Custa 69,99 euros, en calquera dos seus acabados e tamaños, unha cantidade que o sitúa moi por debaixo dos seus principais competidores, como o Helio Ring de Amazfit (uns 200 €) ou o Galaxy Ring de Samsung (449 €).

Pódese adquirir na tenda online da marca, resultando unha boa opción para comezar a monitorizar a saúde cun dispositivo destas características sen ter que realizar un gran investimento inicial.

Sobre o autor

Reply